Translate

jueves, 14 de noviembre de 2024

UN DÍA DE OUTONO/ UN DÍA DE OTOÑO

 
 
 Imagen generada por IA.

 
O vento axita as árbores e a choiva cae con forza, as árbores intentan resistir as inclemencias meteorolóxicas, unha señora está dentro dun bar revolvendo coa culleriña  o seu café e mirando  para fóra, toma o café e paga, pero non se atreve a irse de alí e decide quedarse ata que amaine un pouco. 
 
O camareiro acércase á súa mesa e dille con educación: 
 
- Non se vai a ir? 
Ela contéstalle: 
 
- Non, prefiro agardar a que amaine un pouco. 
O camareiro dille: 
 
- Está ben, señora. 
 
Dez minutos despóis o vento deixa de soprar, as árbores deixan de moverse e para de chover. 
A señora decide saír, así que despídese e váise. Cando sae empeza a saír o sol e vólvese luminoso e cunha boa temperatura. 
Durante a súa espera, a señora pedira un desexo, ao acabar o café, pediu que saíra o sol con todas as súas forzas. Cando a señora veu que saía o sol e o día era luminoso, quedou abraiada porque se cumplira o seu desexo. 
 
 


FIN
 
 
 

jueves, 24 de octubre de 2024

Hoy es el día de las bibliotecas

Hola, gente, hoy es el día de las bibliotecas. 

 

 

Image by <a href="https://pixabay.com/users/stocksnap-894430/?utm_source=link-attribution&utm_medium=referral&utm_campaign=image&utm_content=2562331">StockSnap</a> from <a href="https://pixabay.com//?utm_source=link-attribution&utm_medium=referral&utm_campaign=image&utm_content=2562331">Pixabay</a>
 Foto de Pixabay.

 

Las bibliotecas son lugares llenos de libros de todo tipo,  ahí puedes ir a leer tranquilamente, sin ningún ruido que te distraiga y te permita adentrarte en la historia que quieras leer.  




Esto es todo, si os gusta este post, comentad y compartid. ¡Hasta la próxima! 

jueves, 8 de agosto de 2024

NOITE DE INSOMNIO/NOCHE DE INSOMNIO

 



Marga non pode durmir, ten a cabeza chea de preocupacións e necesita relaxarse, vive nunha casa a poucos metros da praia, decide levantarse e ir a dar un paseo.

Vai andando e entra na praia, a noite é clara e o ceo está estrelado, ela nota o aire fresco, séntase  á beira do mar,  e queda meditando, mentras escoita as ondas do mar, ve que a lúa  emite unha luz brillante, e logo mira o ceo. 

Alí bota polo menos unha hora meditando e relaxándose, pasada esa hora, Marga síntese relaxada e tranquila, levántase e volve camiñando pola praia ata que chega a súa casa, entra na súa habitación, métese na cama, quédase profundamente durmida, e non desperta ata o día seguinte.

 

FIN  



jueves, 11 de julio de 2024

CARTA ÁS MUSAS / CARTA A LAS MUSAS

 

 Foto de Pinterest


Estimadas musas:

Escribo para queixarme de vós, raramente me visitades, e cando o facedes marchades demasiado rápido. 


Só vos pido que me visitedes cada mes para poder escribir un relato no blog, ¿É tan difícil que cumprades esa petición? Agardo que para o próximo mes veñades e me inspiredes. 


Un cordial saúdo,


Ánxela. 

jueves, 23 de mayo de 2024

O GATO DIABÓLICO / EL GATO DIABÓLICO

 Relato corto para el reto de microrrelatos del blog "Acervo de letras".   


 Imagen de Pixabay


 

Un matrimonio con dous fillos adolescentes acaba de  mudarse a unha mansión situada nunha vila chamada Capeville, que heredaron dunha tía dela, é unha mansión moi antiga que pasou de xeración en xeración.  Esta familia ten un gato, é de cor negra, moi manso y moi cariñoso, a familia adora ao gato, chámanlle Misha. 
O home chámase Kevin Holland e a muller  Joana Green, os fillos chámanse Michael e Paul. mudáronse porque necesitaban cambiar de aires, eles vivían en Nova Iork, pero a cidade parecíalles demasiado estresante,  Kevin perdera o seu traballo e a Joana non lle gustaba estar na cidade.
 
Cae a noite na mansión dos Holland, todo o mundo dorme, o gato está dormido no sofá do salón, pero algo o esperta, sinte como se algo extraño acabara de aparecer no salón, a familia duerme plácidamente, pero de repente todos oen ruidos extraños, o gato maulla asustado, está escondido detrás do sofá.
Kevin colle ao gato e acaríciao para tranquilizalo, Joana e os rapaces tamén acarician ao gato. 
Kevin di: - Temos que averiguar que é o que pasa, rapaces, ide ás vosas  habitacións a durmir, eu e mamá vixiaremos.  ´
Os fillos din á vez:: - Sí, papá. 
Ambos dan unha volta pola casa, ol gato queda durmindo no sofá, uns minutos despois non notan nada extraño e volven á habitación para durmir.
Á mañá seguinte todo transcurre con normalidade, pero notan que Misha está moi raro, repele as caricias, mira mal á familia, como se estivera cabreado. 
- ¿Qué che pasa, Misha? pregunta Kevin ao gato. 
- Non sei que lle pasa, está muy raro hoxe. Rapaces, ¿Sabedes vós o que lle pasa? 
´Michael di: - Non o sabemos, está moi raro dende  o que pasou onte á noite. . 

Chega a noite, todos vanse a durmir, o gato queda durmido no sofá,  o ser extraño volve a aparecer, o gato esperta asustado, ese ser é un espíritu maligno, o gato  queda petrificado do medo que ten, o espíritu métese no corpo do gato. A Misha cámbialle a expresión dos ollos, agora ten unha mirada diabólica. Misha sobre polas escaleiras e adentrase polo pasillo que leva ás habitacións, as portas das habitacións están entreabertas, o gato entra en silencio na habitación de Kevin e Joana, sobe na cama e ponse cerca de Joana e maulla como enfadado, Joana esperta, o gato dalle uns zarpazos na cara e faina sangrar, Joana berra e esperta a Kevin, os rapaces chegan á habitación alarmados polos berros. Ao mesmo tempo que pasa todo iso, Joana forcexea co gato e tírao ao chan,dase coa cabeza na pata da cama e queda inconsciente,  do seu corpo sae o espíritu, todos quedan abraiados e asustados polo que está pasando. danse conte de que o gato estaba poseído e por iso se comportaba de esa maneira tan rara. 
O espíritu decide comunicarse con eles: 
- Vós mandástesme ao cárcere, vouvos matar!
- Quén és? Pregunta Kevin. 
- Son Jack Palmer. Responde o espíritu. 
-Qué queres de nós? Pregunta Joana. 
- Busco vinganza, por culpa vosa condénaronme á pena de morte.  Responde o espíritu. 
- Ti mataches á miña nai, merecías ir ao cárcere por asasino!  Responde Joana berrando. 
 - Vingareime de vós, preparádevos todos para morrer!  Berra o espíritu asustando a todos, incluído o gato que acababa de recuperar o coñecemento. 

O espírtiu e máis os membros da familia teñen unha pelexa longa por toda a casa, él intenta todo o posible por agredilos, pero entre os catro conseuen derrotar ao espíritu e vaise da mansión para sempre. 
O día seguinte transcurre placidamente e Misha volve a ser como era antes.