Translate

sábado, 27 de junio de 2015

ABURRIMENTO

imagen de google.
  

Cando pasas todo o día na aldea, chega un momento en que xa non sabes en que pasar o tempo e abúrreste, tanto te aburres que estando medio deitada no sillón póste a mirar o teito case todo o tempo. Aínda falta unha hora para marchar e os minutos pasan demasiado lento, na casa da aldea non hai internet e no móvil tampouco, como sabes que vas estar todo o día na aldea levas a cámara de fotos, pero xa non hai nada que fotografiar na casa.Así que ahí sigues,medio deitada no sillón da sala, mirando cara o teito e sen saber que facer, de vez en cando te levantas para pasear un pouco pola sala, despois vólveste a sentar. A tarde faise longa, ata que por fin xa pasa a hora e xa imos para o coche e voltamos á casa.



FIN