Translate

viernes, 16 de diciembre de 2022

FORTUNA DE NADAL

 



 

 

Decembro, quedan poucos días para as festas de Nadal, a cidade está chea de adornos e luces, Olga traballa de mestra nunha gardería, está casada con Pedro, que traballa de dependente nunha tenda de xoguetes, os dous teñen dous fillos, Daniel e Carlos, ambos son xemelgos.  

Olga ten a ilusión de que lle toque a lotería de Nadal porque a gardería ten problemas económicos e quere aportar parte do premio, así que compra un décimo e gárdao ben ata o día do sorteo.  

Pasan os días e chega o día do sorteo, Olga levántase cedo con moitas ganas de ver a retransmisión na televisión, está nerviosa e ilusionada coa posibilidade de gañar, aínda que sabe que é moi difícil que lle pase a ela.  

Pasa media hora e por fin cantan o Gordo, o número coincide co seu décimo de lotería , Olga sorprendida e feliz ponse a dar saltos e berrar, está ela soa na casa, Pedro está traballando e os nenos están no colexio, é o último día de clases.  

Olga chama por teléfono a Pedro:  

  • Pedro, Pedro!  

  • Que pasa, Olga?  

  • Tocounos a lotería!  

  • En serio? Non será unha broma! 

  • En serio, Pedro, o número coincide!  

  • Cantos cartos gañamos?  

  • Un millón de euros.  

  • Meu deus!  

  • Estou moi emocionada, Pedro!  

  • Eu tamén, Olga, en canto acabe de traballar vou para a casa.  

  • Vale, Pedro, adeus.  

  • Adeus, cariño.  

 

Pedro chega á casa, os nenos volveron á casa en autobús, eles xa saben que lles tocou a lotería, Olga recibe a Pedro con un sorriso de orella a orella, todos se dan abrazos de celebración.  

Olga chama á directora da gardería para darlle a boa noticia:  

  • Ola, Olga, para que me chama?  

  • Ola, señora directora, non se pode imaxinar o que me pasou.  

  • Escóitoa moi contenta, que lle pasou?  

  • Estou moi emocionada, acabo de ganar o Gordo da lotería de Nadal!  

  • E canto lle tocou?  

  • Un millón de euros!  

  • Moitas felicidades, Olga, alégrome moito por vostede.  

  • Gracias, señora directora, unha parte do premio será para a gardería, que boa falta fai.  

  • Moitas gracias, Olga, é vostede moi xenerosa!  

  • Non hai de que, encántame traballar na gardería e quería axudar a resolver os problemas económicos.  

  • Pois gracias a vostede a gardería poderá seguir adiante.  

  • Un pracer poder axudar, que teña un bo Nadal.  

  • Igualmente, Olga.  

 

 

Para Olga e a súa familia foron as mellores festas de Nadal dos últimos anos.  

 

FIN