![]() |
Foto mía. |
O vinteoito de abril foi un día raro, houbo un apagón en case todo o país, había moito caos e incertidume. O apagón produciuse ás doce e
media do mediodía mais ou menos. Todo o día estivemos sen luz.
Empezamos a cear antes de que chegara a noite, ceamos cousas que non houbera que cociñar.
Ao rematar de cear xa estabamos ás escuras, meu pai e o meu
irmán fóronse ás habitacións, miña nai, a gata e mais eu estabamos deitadas
no sofá mirando as velas acendidas que había na mesa.
A gata case non deixaba de mirar as velas, tiña os ollos moi abertos, como se estivera hipnotizada, a gata nunca tal cousa vira.
Ao cabo dun intre, a miña nai decidiu irse á cama, eu tamén decidín facelo.
Ás cinco da maña espertei con ganas de ir ao baño, decidín acender a luz por se volvera, comprobei que sí había luz, sentín alegría e alivio. Ao volver do baño, puxen o móbil a cargar, que case non tiña batería, e volvínme a deitar.
Pola mañá, levantéime con alegría, comprobei que o móbil estaba cargado, todo volvera á normalidade.
FIN