Translate

jueves, 18 de mayo de 2023

O neno que soñaba con ver a praia

 

 


 

Un neno que vive no campo coa súa familia soña cada día con ver a praia, é dunha pequena aldea próxima a Oklahoma City.  

Teñen unha pequena televisión na cociña e ao neno gústalle moito ver reportaxes de viaxes, nesas reportaxes ve lugares con costa e queda asombrado da fermosura que teñen, por iso sempre imaxina que visita algún deses lugares e pode ver esas praias.  

Dentro duns días celebrará o seu cumpreanos e os seus pais saben do seu desexo e téñenlle preparada unha sorpresa.  

Pasan os días e xa é o seu cumpreanos, todos están felices, despois da comida chega a tarta coas velas, os pais cantan o cumpreanos feliz e despois o neno sopla as velas.  

 

O pai Pregunta ao neno: - Pediches algún desexo? 

O neno contesta: - Sí, pedín, pero non cho vou a dicir, non vaia a ser que non se cumpla.  

O pai responde: - Fas ben.  

 

Unha vez comida a tarta chega a hora dos regalos, os pais dinlle a sorpresa que lle prepararon.  

 

O pai dille ao neno: - Fillo, eu sei que fai tempo que soñas con algo que queres facer, pois ben, como regalo de cumpreanos a próxima fin de semana iremos en caravana á praia, iremos a Houston, ¿qué che parece?  

O neno contesta: - Oh, papá, mamá, ver a praia era o desexo que pedín cando soplei as velas, moitas gracias, estou moi contento, é o mellor regalo de cumpreanos da miña vida!  

 

O neno abraza aos seus pais moi emocionado.  

Chega a fin de semana, é venres pola mañá cedo, almorzan e preparan todo para a viaxe e salen, hai un camiño longo ata Houston.  

Chegan por fin a Houston, uns minutos despois chegan á praia, o neno queda asombrado véndoa, aparcan a caravana e pasan todo o día alí, o neno pásao moi ben xogando coa area e mollando os pes na auga. O resto da fin de semana fan o mesmo, o neno é feliz.  

Acaba a fin de semana e volven á casa, foi unha fin de semana incrible para todos.  

 

 

 

FIN