Translate

jueves, 17 de julio de 2025

A dama do mar resplandecente / La dama del mar resplandeciente

 

Imagen generada con la IA de Canva.


Presentador: - Boas tardes, interrumpimos a programación para darlles unha información de última hora. 
Unha parella que paseaba pola praia encontra nunhas rochas a unha serea, o nunca visto! Conectamos co noso reporteiro Roberto López, que se atopa alí xunto a parella que encontrou á serea. 
Ola, Roberto, cóntanos como foi. 
 
Reporteiro:  - Ola, Carlos, estes son Andrea e Xoán, eles estaban paseando por esta praia e cando chegaron ás rochas viron unha serea. Paréceme algo incrible! 
Presentador: - Roberto, pregúntalles como viviron ese momento.
 
Reporteiro: - Andrea e Xoan, Cómo vivístedes ese momento? 
 
Andrea: - Foi incrible! A serea estaba sentada nas rochas, véunos e escondeuse detrás dunha rocha, logo nós escondímonos e volveu a sentarse onde estaba, dende o noso escondite podiamos vela, así que puden facerlle unha foto co móbil. 
 
Reporteiro:  - Estás dicindo que tés unha foto de esa serea no teu móbil? 
 
Andrea: - Efectivamente. 
 
Presentador:  - Asombroso! Dille que enseñe a foto. 
 
Reporteiro:  - De acordo. Andrea, Podes ensinar a foto á cámara? 
 
Andrea:  -  Claro, Mirade. 
 
Presentador:  - Pois é verdade, aí está a serea! 
 
Reporteiro:  - Isto é todo, Andrea e Xoan, gracias por atendernos. 
 
Andrea:  - Un pracer. 
 
Xoan:  - Un pracer. 
 
Reporteiro:  - Despídome, Carlos. 
 
Presentador:  - Eu tamén me despido, adeus. 
 
Reporteiro: - Adeus. 
 
Presentador:  - Terminamos este avance informativo, voltarémos con máis noticias no informativo da noite. Adeus. 
 
 
 
FIN