Translate

jueves, 12 de diciembre de 2024

A ÁRBORE DE NADAL / EL ÁRBOL DE NAVIDAD

 

 Imagen hecha con IA.

Queda unha semana para Nadal, o pequeno Tommy, que ten nove anos, vive cos seus pais, Patrick e Sharon, nunha vila de Vermont, os seus pais traballan moito e non teñen tempo para ocuparse da decoración da casa nin de comprar a árbore de Nadal.  
 
 
Tommy pregunta aos seus pais: 
- Cando imos a decorar a casa e a comprar a árbore? Só queda unha semana para Nadal. 
Patrick responde: 
- A túa nai máis eu non temos tempo, traballamos demasiado. 
 
Tommy dille: 
- Jo, e non podemos adornar a casa agora? 
Patrick responde: 
- Estamos moi cansos, imos a durmir, pero mañán, que é sábado, podemos poñernos a adornar. 
Tommy responde con alegría: 
- Estupendo! 
 
 
Sábado pola mañán cedo, todos empezan a decorar a casa con guirnaldas, luces e outros adornos, despois de unha hora, rematan de decorar toda a casa, pero falta a árbore de Nadal. 
 
 
Sharon di: 
 
Xa está todo decorado, pero falta a árbore de Nadal, haberá que ir a comprar unha.
Patrick  responde: 
- Certo, podemos ir a esa tenda de árbores que hai no centro, que vos parece?
Sharon e Tommy responden ao mesmo tempo: 
 - Xenial! 

 
 Os tres van en coche á tenda de árbores, chegan alí e falan co vendedor. 

Di o vendedor: 

- Bos días, En qué podo axudarlles? 

Contesta Patrick: 

- Bos días, queriamos unha árbore de Nadal. 

Contesta o vendedor: 

- Oh, síntoo moito, xa non quedan árbores de Nadal. 

Contesta Patrick: 

- Oh, qué pena, Tommy, non podemos poñer árbore este ano. 

Tommy responde con tristeza: 

- Jo, non é xusto! 

 

Os tres saen da tenda cabizbaixos, andan un pouco e atopan un centro comercial,  unha vez dentro, atopan sentado nun sillón a Papá Noel e dous Elfos. 

Tommy di con alegría aos seus pais: 

- Mirade, é Papá Noel, e están os elfos! 

Sharon pregúntalle: 

- Queres falar con el? 

Tommy contesta: 

-Sí, por favor, encantaríame!  

Sharon e Patrick contestan ao mesmo tempo: 

- Vai!  

 

Tommy acércase a Papá Noel e  saúdao: 

- Ola! 

Papá Noel responde: 
. Ola, rapaz, cómo te chamas? 
Tommy responde: 
- Chámome Tommy. 
Papá Noel pregunta: 
- Qué queres para este Nadal? 
Tommy contesta: 
- Quero unha árbore de Nadal, estivemos antes na tenda de árbores e xa non había. 
Papá Noel responde: 
-Oh, qué pena! non te preocupes, pronto terás a árbore na túa casa. 
Tommy pregunta contento: 
- De verdade? Moitas gracias! 
 
O rapaz volveu cos seus pais e marcharon do centro comercial, el contoulles o que falara con Papá Noel. 
Pasa o tempo, xa faltan dous días para Noiteboa, xa é pola mañán cedo e todos se acaban de levantar, cando Tommy sae ao xardín ve unha árbore de un tamaño aceptable preparado para adornar. 
 
Tommy chama aos seus pais: 
 
- Papá, mamá, vinde, aquí hay unha árbore! 
 
Os pais saen correndo ao xardín e ven a árbore, arrimada á parede da casa. 
 
Pregunta Patrick: 
-De onde saiu esta árbore? 
Contesta Tommy: 
- Non sei de onde saiu, pero seguro que a trouxo Papá Noel e os elfos. 

Sharon di: 
- Bueno, xa termos árbore, imos a decorala. 
Patrck e Tommy contestan ao mesmo tempo: 
- Imos! 

Os tres entran na casa, sacan os adornos para a árbore e poñénse a decorar. Unha vez terminada a decoración, observan como quedou todo con un sorriso de orella a orella.  


FIN