Translate

domingo, 21 de septiembre de 2014

O PROFESOR DE FÍSICA

Cando eu estaba no instituto, alá polos anos noventa, había un profesor que me daba clase en segundo de BUP, era o profesor de física.
Era unha persoa de mediana idade seguramente, tiña un aspecto moi serio que impoñía un pouco, polo menos a min. Chamaba aos alumnos de vostede e decía frases moi enxeñosas que eran inventadas por el utilizando nelas palabras relacionadas coa asignatura. A única frase que recordo era: "Le voy a poner un cero kelvin", daba as clases en castelán.
Como profesor era un pouco duro, pero non era malo, inda que cando eu chegaba un pouco tarde, entraba na clase con medo a que me botara fóra, xa que el o facía cando algún alumno chegaba moi tarde, se só chegaba un pouco tarde, decíalle que saíra e volvera a entrar, iso díxomo bastantes veces, por sorte nunca me botou da clase. As veces que cheguei tarde á súa clase non foi a propósito, e que simplemente non dera chegado antes.
Moitos anos despois o profesor, que xa estaba xubilado, entrou no Facebook e atopoume, e dende ese momento estamos en contacto.
Eu só o coñecía como profesor, pero agora o coñezo tamén como persoa, a verdade é que é un bo home.

FIN