Translate

Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de octubre de 2022

ESCAPANDO DA RUTINA

 Imagen de Pinterest


Son un hamster e estou todos os días metido na xaula, estou aburrido, non fago máis que durmir e comer, a veces fago exercicio na roda, pero xa me aburre dar voltas dentro dela, todos os días son iguáis, quero vivir un día diferente. Qué podo facer?
Asómome ao exterior da xaula a través dos barrotes, está nunha galería, observo o que hai fóra da xaula, hai moito que ver, decido escapar, pero non sei que facer para saír.
Decido pensar un plan para escapar mentres sigo facendo as mesmas cousas todos os días.
Despóis de varios días pensando xa decidín o que vou facer, intentarei escapar cando alguén se despiste e me deixe a porta aberta.
Xa é o día seguinte, xa vén a miña dona a darme de comer, abre a porta da xaula e bótame a comida, eu estou atento a ver se se despista, vexo que a miña dona ten que irse rápido porque deixou o grifo do fregadeiro aberto e está a punto de desbordarse a auga.
A miña dona vaise correndo e coa présa deixa a porta da xaula aberta. Por fin chega o momento de escapar! Saio da xaula e observo a todos os lados antes de poñerme a andar, vexo que estou en un sitio alto, pero con prudencia comenzo a camiñar.
Dende as alturas vexo moitas plantas e moitas ventás, recorro todos os rincóns que podo, todo é enorme, despóis de moito tempo decido volver á xaula, xa estou canso de tanto camiñar e xa vin todo o que quería ver.
Pasei todo o día fóra da xaula, xa que na casa non había ninguén. 
 
Por fin puden pasar un día diferente! 
 
 
 
 
   FIN

viernes, 17 de junio de 2022

O cabalo e o lobo

 

 Imaxe de Pinterest



O cabalo galopaba polo monte atemorizado, ía tan veloz que o seu corazón latexaba moi rápido co esforzo e co medo, viña de escapar dun lobo que o quería atacar, mirou para atrás e douse conta de que o perdera de vista, aliviado, parou de correr e decidiu descansar un pouco. 
O lobo quedara atrás porque caíra nunha trampa para lobos, así que o cabalo puido salvarse das súas fauces. 
 
 
 
FIN

martes, 21 de julio de 2015

VIDA GATUNA

    


Unha fermosa gatiña de pelo branco observaba a paisaxe a través da alambrada, era un campo de herba verde rodeado de árbores. O día estaba soleado, e a gata estaba deitada no muro descansando ao sol sen deixar de mirar a través da alambrada. Qué estará pensando? Quererá escapar?
O muro ten unha columna por onde pode saír, pero para qué quere saír se na casa está de maravilla e con comodidade? Na horta pásao ben paseando entre as verduras que lle dan sombra. 
En fin, a saber o que estará pensando, ou se cadra non está pensando en nada. 

FIN



domingo, 8 de febrero de 2015

UNHA ABELLA DESPISTADA

 
imagen de Google   



Na miña época de instituto sucedéume unha cousa que nunca me pasara. Estaba eu no recreo con unha compañeira, sentada nunha das entradas do campo de fútbol, que estaba cerca dos institutos; de repente, acercóusenos unha abella que nos fixo levantarnos rápidamente. Unha vez de pé, a miña compañeira díxome que me estivera quieta porque a abella pousárase na miña cabeza. Entón, ao non coñecer as intencións da abella, entroume moito medo e comencei a tremer coma un flan. A miña compañeira logo díxome que a abella estaba soltando o pólen na miña cabeza, a abella botou un cacho de tempo enchéndome de pólen. Eu seguía tremendo e dábame a risa nerviosa vendo que a abella debía pensar que era unha flor, pero non me tranquilizaba. Unha vez que marchou, xa se me pasou o medo e tranquiliceime de todo, sentinme aliviada. Non sei canto tempo pasaría dende que se pousou na cabeza ata que se foi, pero a min fíxoseme eterno.
Dende aquela non quero que ningunha abella se me acerque porque me poño moi nerviosa.

FIN 


domingo, 3 de agosto de 2014

O PAÍS DOS COELLOS

                


A nai acababa de espertar pola mañá, mirou o reloxo e veu que era a hora de levantarse, era venres e esperáballes a ela e á súa filla un longo fin de semana de verán, ían a acampar a unha fraga cerca do monte.
A nai foi a espertar á filla que aínda estaba medio durmida, a filla levantouse, e para estar esperta de todo, puxo un pouco de música.
Tras o almorzo foron ao coche e saíron da casa con todas as cousas para acampar, tras uns poucos quilómetros a filla aburríase un pouco, así que puxeron música na radio.
Pronto chegaron á fraga e encontraron un sitio para acampar que estaba preto dun río que levaba moita auga. Unha vez instaladas, decidiron ir a dar un paseo por alí. Cando levaban un tempo andando atoparon un simpático coello que as levou a un lugar onde había moitos coellos, era un país máxico. A nai e a filla estaban abraiadas ao ver ese lugar tan bonito e ver tantísimos coellos de todos os colores.
O coello levounas ata onde estaban os demais coellos, e alí todos os coellos mostraron moita alegría de velas. Nai e filla estaban encantadas por ser tan ben recibidas, pasaron bastante tempo convivindo alí con eles. Como estaban tan contentos de estar con elas, a nai foi nomeada raíña do país dos coellos e a filla foi nomeada princesa.
Dende ese mesmo momento, nai e filla foron dúas habitantes máis daquel país, e alí se quedaron para sempre.



FIN 



martes, 15 de julio de 2014

A GALIÑA QUE SE EMBORRACHOU

     


Esta historia sucedeu fai moitos anos, eu aínda era moi pequena e non a recordo. 
Era verán, na época de traballar na herba seca, estaban traballando na eira, nun descanso estiveron bebendo viño nunhas tazas. 
Daquela as galiñas andaban libremente pola eira, cando miña nai pousou a taza no chan volveu a traballar, e sen que ninguén se dera conta unha galiña acercouse á taza, semella que tiña moita sede e púxose a beber o viño que quedaba. 
Despois diso miña nai mirou a taza e veu que estaba baleira, e logo veu que a galiña andaba tambaleándose, sempre caía e intentaba levantarse, pero non daba do borracha que estaba.    

FIN           

jueves, 1 de agosto de 2013

AMIZADE POR ENRIBA DE TODO

  


Cobi e Scotty son dous cans que temos na aldea, un día pelexaron por culpa da comida, Scotty estaba comendo e o outro acercouse a el para quitarlla e empezaron a pelexar.
Durante un tempo estiveron enfadados e andaban cada un por separado, Scotty estaba moi triste e entón miña nai empezou a levalo á cociña, estaba moi feliz dentro, xa que fóra non podía saudarnos debido aos celos do outro. Eu cheguei a pensar que nunca volverían a ser amigos.
Pasado o tempo, os cans olvidáronse do asunto e volvían a andar xuntos, por fin eran amigos de novo!
Eles siguen sendo amigos, aínda que teñen os seus máis e os seus menos por culpa do mal carácter de Cobi que ademáis é o que manda por ser el o máis maior dos dous.
Este relato demostra que a amizade está por enriba de todo, aínda que haxa malos rollos.

                   

lunes, 21 de enero de 2013

ENCONTRO NO TELLADO

    

Era unha vez unha gata que vivía nun piso cos seus donos, ela vivía alí dende que tiña poucos meses de nacer, e polo tanto nunca vira un gato na súa vida.
Fai pouco tempo, a dona estaba intrigada coa gata porque levaba uns días que maullaba moito e non estaba en celo.
Un día a dona viu que a gata estaba no tellado do patio de luces maullando a outro gato que estaba noutro tellado que era un pouco máis alto. Era o gato do piso de enriba, o cal era precioso, tiña un longo pelo branco e os ollos eran do color da auga.
A gata quería subir ao tellado para estar co gato e el quería baixar onda ela para xogar, xa que aínda era pequeno. Os dous alí semellaban Romeo e Xulieta na escena do balcón, só que ela estaba abaixo e el arriba.
A dona chamaba pola gata para que entrara adentro e evitar que subira ao tellado onde estaba o gato, pero ela non lle facía caso. A dona seguiu insistindo e ao final  conseguiu que entrara, logo o gato quedou alí un pouco e despois marchou.
Os días pasaban e a gata seguía maullando, a dona agora non lle deixaba sair ao tellado se estaba o gato, só saía cando non estaba. Aínda que algunha vez deixábaa sen darse conta de que o felino estaba ahí.
Un tempo despois os donos do gato mudáronse, levárono con eles e non se volveron a ver máis.