Translate

martes, 6 de agosto de 2013

CAMIÑO A THE ROAD

       

Antigo oeste, un vaqueiro montando nun cabalo, vai a unha vila chamada The road, ven dende lonxe e leva varios días de viaxe. Chega a unha pequena aldea e atopa a unha fermosa muller, queda mirando para ela cun soriso; a muller olla para el tamén cun soriso.
El saúdaa quitando o sombreiro:
- Boas tardes, boneca.
- Boas tardes, vaqueiro.
- Está moi lonxe The road? Quería chegar antes de que oscureza.
- Está preto, a dez minutos de aquí.
- Perfecto, gracias. Como te chamas?
- Chámome Susan.
- Encantado, eu chámome Sam.
- A que vas a The road?
- Un amigo regaloume un rancho e vou vivir alí. Por qué o preguntas?
- Simple curiosidade.
- Vale, xa me vou, que se me vai facer tarde. Foi un pracer coñecerte, Susan.
- Adeus, Sam, encantada.
Sam sigue o seu camiño cun soriso na cara, de vez en cando volve a cabeza para mirala, ela obsérvao mentres se marcha.
Pasan os días e Sam xa está vivindo no seu rancho, está un pouco desanimado porque se acorda moito de Susan. Por outro lado, Susan está igual porque se acorda moito de Sam, tanto un coma outro dase comta de que en canto se viron xurdiu o amor.
Susan decide ir a The road para dicirlle a Sam o que sinte por el, colle un cabalo e vai camiño a The road. Mentras tanto, Sam está nun bar tomando unha zarzaparrilla para animarse un pouco; Susan chega á vila e comeza a preguntar por Sam á xente do lugar.
Algunha dille que non o coñece, pero ao final atopa a un que sabe quen é e onde está nese momento.
- Señor, de verdade sabe onde está Sam?
- Si, señorita, está no bar que está ao lado da panadería.
- Moitas gracias, señor, agradezollo moito!
- Non hai de que, deséxolle sorte.
- Gracias!
Susan camiña rápido pola rúa mirando a ver se atopa o bar, encontra a panadería e ahí está o bar. Entra e ve na barra a Sam, xa bebeu algunha copa de máis, por fin se atopan despois de tantos días sen verse.
- Hola, Sam. Como estás?
- Hola, Susan, non sabes canto me alegro de verte, que fas aquí?
- Eu tamén me alegro moito de verte, vin aquí para dicirche algo moi importante.
- Dime, son todo oídos.
- Quero dicir que en todos estes días non deixei de pensar en ti e que te botaba moito de menos, dinme conta de que me namorei de ti.
- Eu tampouco deixei de pensar en ti todos estes días e botábate tanto de menos que vin a este bar para olvidar. Quérote, Susan!
- Oh Sam, xa nunca máis nos separaremos, verdade?
- Claro que non, Susan. Que che parece se vivimos xuntos?
- Acepto, pero antes casamos.
- Como ti queiras, cariño.
- Entón está decidido.
Despois duns meses de relación casaron e foron a vivir xuntos no rancho de Sam.




No hay comentarios:

Publicar un comentario