É un pouco lento atendendo á xente porque ten que preguntar varias veces. A primeira vez que me atendeu, normalmente aténdeme unha muller, porque eu tiña que pagar o mes, tiven que decirlle o meu primeiro apelido varias veces, tardou un pouco en atopar a miña ficha no ordenador, paguei, escribiu no recibo e metino na mochila, todo iso foi despois da clase no ximnasio, marchei e ao chegar á casa, saquei o recibo da mochila e vin que o meu primeiro apelido estaba mal escrito, tomeino con humor, xa que me fixo gracia, en vez de poñer Sanmartín puxera Sanmartiño.
A segunda vez que me atendeu xa foi máis rápido, non tivo problema na memorización do meu nome e apelidos, esta vez escribiu o nome no recibo correctamente, xa que o estaba mirando na pantalla do ordenador, paguei, doume o recibo e marchei. Ese día ía soamente a pagar, xa que non era un día que me tocara ir a clase.
FIN