Translate

viernes, 6 de mayo de 2022

O neno que quería ser mariñeiro

 
 Imagen de Pinterest.

 
 
 
 Un neno miraba dende o balcón da casa da praia onde vivían os seus pais máis el como unha ola chegaba á beira do mar, el soñaba con ser mariñeiro coma o seu pai e botarse ao mar nun barco, pero para iso tiña que facerse maior. 
Os anos pasaron e o neno medrou, e o seu pai levouno no seu barco para que vira como era o traballo e fora aprendendo pouco a pouco. Cando o xoven aprendeu, o seu pai contratouno para traballar con el. 
Un día zarparon e o pai doulle permiso ao seu fillo para pescar con el, pescaron bastantes peixes e viñeron de volta á casa moi contentos. 
 

FIN

sábado, 9 de abril de 2022

Pensando en volver a publicar no blog

 Hola, xente, despois de varios anos sen publicar estou pensando en volver a facelo, pois resulta que creo que encontrei a maneira de inspirarme, así que pode que me anime a retomar este blog. 

 


 




Se vos gusta este post, comentade e compartide. ¡Ata a próxima!

martes, 28 de marzo de 2017

UNHA LONGA ESPERA

Resultado de imagen de chica esperando una llamada 




É sábado pola tarde, a noite preséntase moi divertida, Angy está invitada a unha cea con Eve e máis amigos na casa de Eve, pero Angy non sabe cal é.
Angy está esperando a que alguén se comunique con ela, manda unha mensaxe a Paul, pasa o tempo e non responde, Angy non sabe se veu a mensaxe ou non, un tempo despois soa o móvil, é Anne Elizabeth, unha das persoas que van á cea, dille que lles pasou o seu teléfono aos demais para que se comuniquen con ela. Angy colga o teléfono e continúa esperando.
O tempo pasa e non soa o teléfono, vai a bañarse,  e o móvil non soa, Angy comenza a desesperarse, despois de vestirse e peinarse chama a Betsy, outra que vai á cea, e a Anne Elizabeth duas veces cada unha, pero non collen o teléfono. Angy continúa desesperada, chama a Eve, pero o buzón de voz dille que ese número non existe.
Angy queda sentada na cama co movil na man sen saber que facer, xa é a hora da cea e ela sigue esperando, ata que por fin soa o teléfono, é Paul, dille que está na rúa esperando.  A desesperación de
Angy desaparece e sinte unha gran alegría, por fin acaba esta longa espera.
Angy pon o seu abrigo bermello e colle o seu bolso negro, sae da casa, chega á rúa, saúda  dende o portal a Paul que está no seu coche, ela entra no coche e diríxense os dous á casa de Eve. 

FIN

 

viernes, 12 de agosto de 2016

NOITE DE ESTRELAS


As estrelas brilaban con forza no ceo, unha parella de noivos estaba deitada na herba observándoas con admiración, de súpeto, pasou unha estrela fugaz, pediron un desexo e despóis seguiron mirando as estrelas. Estiveron alí unha hora e viron máis estrelas fugaces, logo fóronse ao coche collidos da man e arrancaron para á casa a pasar o resto da noite. 


FIN