Un neno miraba dende o balcón da casa da praia onde vivían os seus pais máis el como unha ola chegaba á beira do mar, el soñaba con ser mariñeiro coma o seu pai e botarse ao mar nun barco, pero para iso tiña que facerse maior.
Os anos pasaron e o neno medrou, e o seu pai levouno no seu barco para que vira como era o traballo e fora aprendendo pouco a pouco. Cando o xoven aprendeu, o seu pai contratouno para traballar con el.
Un día zarparon e o pai doulle permiso ao seu fillo para pescar con el, pescaron bastantes peixes e viñeron de volta á casa moi contentos.
FIN
Moitos nenos que viven á beira do mar, queren ser mariñeiros. Un saudo
ResponderEliminarImaxino que sí, gracias polo comentario.
Eliminar