Translate

martes, 28 de marzo de 2017

UNHA LONGA ESPERA

Resultado de imagen de chica esperando una llamada 




É sábado pola tarde, a noite preséntase moi divertida, Angy está invitada a unha cea con Eve e máis amigos na casa de Eve, pero Angy non sabe cal é.
Angy está esperando a que alguén se comunique con ela, manda unha mensaxe a Paul, pasa o tempo e non responde, Angy non sabe se veu a mensaxe ou non, un tempo despois soa o móvil, é Anne Elizabeth, unha das persoas que van á cea, dille que lles pasou o seu teléfono aos demais para que se comuniquen con ela. Angy colga o teléfono e continúa esperando.
O tempo pasa e non soa o teléfono, vai a bañarse,  e o móvil non soa, Angy comenza a desesperarse, despois de vestirse e peinarse chama a Betsy, outra que vai á cea, e a Anne Elizabeth duas veces cada unha, pero non collen o teléfono. Angy continúa desesperada, chama a Eve, pero o buzón de voz dille que ese número non existe.
Angy queda sentada na cama co movil na man sen saber que facer, xa é a hora da cea e ela sigue esperando, ata que por fin soa o teléfono, é Paul, dille que está na rúa esperando.  A desesperación de
Angy desaparece e sinte unha gran alegría, por fin acaba esta longa espera.
Angy pon o seu abrigo bermello e colle o seu bolso negro, sae da casa, chega á rúa, saúda  dende o portal a Paul que está no seu coche, ela entra no coche e diríxense os dous á casa de Eve. 

FIN

 

2 comentarios:

  1. Uno se desespera cuando está pendiente de una llamada, estuve en tensión hasta el final. Felices Fiestas. Un placer conocer tu blog, gracias por pasarte y comentar. Te sigo. Besos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola, ahora veo tu comentario, como tengo el blog inactivo no suelo entrar, me alegro de que te haya gustado.

      Eliminar