Translate

domingo, 21 de julio de 2013

O TRIUNFO DO AMOR

 


Unha parella na casa está discutindo, ela descubriu que el estivo con outra, el dille que non, ela non lle cree, el insiste en que non é certo. Os dous acaban berrando e ela marcha da casa dando un portazo, necesita dar un paseo.
El queda alí sentado no sofá moi triste e chorando como nunca chorou na súa vida, quere olvidar, colle unha botella e ponse a beber sen parar. El dase conta do moito que a quere e arrepíntese de estar coa outra muller.
Mentras tanto ela vai pola rua triste porque a pesar de todo quéreo, entra nunha discoteca e despois de tomar algunhas copas decide poñerse a bailar ela soa, todo o mundo se queda mirando polo ben que baila e incluso aplauden ao ritmo da música, ela vaise animando cada vez máis.
Despois duns cantos bailes, ela decide volver á casa e ve que el está durmido no sofá, ela cansada vaise deitar na cama.
Á maña seguinte, deciden volver a falar do asunto, el dille que está totalmente arrepentido do que fixo e que non o volverá a facer porque se dou conta de que sempre a vai a querer, ela contéstalle que a pesar de todo o sigue querendo e acepta o seu perdón.
El dalle as gracias cheo de felicidade e logo danse un abrazo e un bico de reconciliación.



                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario