Translate

martes, 9 de julio de 2013

AFORTUNADOS

         


David e Pedro son dous irmáns, xa levan toda a semana de vacacións en Brasil, é domingo, mañán xa se volven para España e pensan pasalo moi ben o último día.
Salen da habitación do hotel e no vestíbulo encóntranse co seleccionador Vicente Del Bosque, os dous quedan abraiados, resulta que estaban no mesmo hotel que estaba a Selección Española, que iba a xogar a final da Copa Confederacións contra Brasil. Eles acercaronse a el e estiveron falando un pouco, ata se fixeron unha foto. O entrenador preguntoulles se iban a ir ao partido e David contestoulle que non podían porque non tiñan entrada, xa que chegaran onte á noite á cidade.
Seguidamente, Del Bosque lles dixo que tiña duas entradas que lle sobraban e que se querían llas podía regalar. David e Pedro estaban alucinando co que acababan de oir, mentres o seleccionador colleu as duas entradas no bolsillo da súa chaqueta e doullas.
David e Pedro colleron as entradas con cara de asombro, non paraban de darlle as gracias pola súa amabilidade.
Horas despois foron ao Estadio Maracaná que era onde se xogaba o partido. Estaban nerviosos e impresionados polo estadio e polo ambiente que había.
David e Pedro non se cansaban de animar todo o partido a pesar do mal que estaba xogando España, eso sí, estaban sufrindo moito.
Final do partido, Brasil vence por tres goles a cero, os dous irmáns vanse tristes pola derrota, volven ao hotel para descansar.
Pola mañá van ao aeroporto e toman rumbo a España felices e contentos porque o pasaron ben toda a semana de vacacións en Brasil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario