Translate

jueves, 21 de julio de 2022

Relatos de Ánxela xa tén páxina en Facebook

 Hola, xente, hoxe conto que hai pouco que este blog tén unha páxina en Facebook, de momento case non hai membros, os que teñades Facebook podedes unirvos se queredes entrando no enlace que poño abaixo. 

 

 

 Foto de perfil da páxina.


 
 
 
 
 
Isto é todo, se vos gusta este post, comentade e compartide. ¡Ata á próxima! 

viernes, 17 de junio de 2022

O cabalo e o lobo

 

 Imaxe de Pinterest



O cabalo galopaba polo monte atemorizado, ía tan veloz que o seu corazón latexaba moi rápido co esforzo e co medo, viña de escapar dun lobo que o quería atacar, mirou para atrás e douse conta de que o perdera de vista, aliviado, parou de correr e decidiu descansar un pouco. 
O lobo quedara atrás porque caíra nunha trampa para lobos, así que o cabalo puido salvarse das súas fauces. 
 
 
 
FIN

viernes, 6 de mayo de 2022

O neno que quería ser mariñeiro

 
 Imagen de Pinterest.

 
 
 
 Un neno miraba dende o balcón da casa da praia onde vivían os seus pais máis el como unha ola chegaba á beira do mar, el soñaba con ser mariñeiro coma o seu pai e botarse ao mar nun barco, pero para iso tiña que facerse maior. 
Os anos pasaron e o neno medrou, e o seu pai levouno no seu barco para que vira como era o traballo e fora aprendendo pouco a pouco. Cando o xoven aprendeu, o seu pai contratouno para traballar con el. 
Un día zarparon e o pai doulle permiso ao seu fillo para pescar con el, pescaron bastantes peixes e viñeron de volta á casa moi contentos. 
 

FIN

sábado, 9 de abril de 2022

Pensando en volver a publicar no blog

 Hola, xente, despois de varios anos sen publicar estou pensando en volver a facelo, pois resulta que creo que encontrei a maneira de inspirarme, así que pode que me anime a retomar este blog. 

 


 




Se vos gusta este post, comentade e compartide. ¡Ata a próxima!

martes, 28 de marzo de 2017

UNHA LONGA ESPERA

Resultado de imagen de chica esperando una llamada 




É sábado pola tarde, a noite preséntase moi divertida, Angy está invitada a unha cea con Eve e máis amigos na casa de Eve, pero Angy non sabe cal é.
Angy está esperando a que alguén se comunique con ela, manda unha mensaxe a Paul, pasa o tempo e non responde, Angy non sabe se veu a mensaxe ou non, un tempo despois soa o móvil, é Anne Elizabeth, unha das persoas que van á cea, dille que lles pasou o seu teléfono aos demais para que se comuniquen con ela. Angy colga o teléfono e continúa esperando.
O tempo pasa e non soa o teléfono, vai a bañarse,  e o móvil non soa, Angy comenza a desesperarse, despois de vestirse e peinarse chama a Betsy, outra que vai á cea, e a Anne Elizabeth duas veces cada unha, pero non collen o teléfono. Angy continúa desesperada, chama a Eve, pero o buzón de voz dille que ese número non existe.
Angy queda sentada na cama co movil na man sen saber que facer, xa é a hora da cea e ela sigue esperando, ata que por fin soa o teléfono, é Paul, dille que está na rúa esperando.  A desesperación de
Angy desaparece e sinte unha gran alegría, por fin acaba esta longa espera.
Angy pon o seu abrigo bermello e colle o seu bolso negro, sae da casa, chega á rúa, saúda  dende o portal a Paul que está no seu coche, ela entra no coche e diríxense os dous á casa de Eve. 

FIN