Translate

domingo, 13 de septiembre de 2015

O SOÑO DE ANTONIO

 

Un xoven andaluz, nacido en Málaga, ten vintecinco anos e rematou a carreira de turismo entre outras cousas, chámase Antonio, leva moito tempo buscando traballo e non lle sae nada, ten un soño que lle gustaría cumplir, ser propietario dun hotel, pero iso de momento é imposible porque non ten suficientes cartos.
As datas de Nadal están próximas, así que decide comprar un décimo da lotería, a ver se lle toca. Chega o día e pola mañá pónse a ver o sorteo na televisión, está moi nervioso e con moita emoción por se cae algo.
Son as once da mañá e aínda non lle tocou nada, de repente, os nenos de San Ildefonso cantan o Gordo, o mozo comproba o billete e ve que coincide, acababa de tocarlle a lotería!
El está todo emocionado e non pode crer a súa boa sorte, está dando saltos de alegría, todo é felicidade nesa casa, Antonio e a súa familia están de celebración. Agora xa tiña os cartos para poder cumplir o seu soño.
Uns meses despois decide marchar a Santiago de Compostela. Pouco a pouco vaise adaptando á cidade, ao idioma e ao clima, tamén vai facendo contactos. Un deles fálalle dun hotel que leva pechado moito tempo, Antonio dille que lle gustaría collelo para volvelo a abrir e que sería un hotel de cinco estrelas. O contacto, o cal se chama Sindo,  díxolle que lle parecía moi ben e desexoulle sorte.
Chegou o día seguinte e saleu a visitar ese hotel, veu que era moi grande e moi bonito, aínda que estaba cheo de pó.
Pasaron uns meses e chegou o día da apertura, en pleno mes de maio, pouco a pouco se foi enchendo o hotel con turistas de todos os lugares do mundo. Antonio estaba moi contento e satisfeito por tanta clientela que tiña, gracias a iso o hotel colleu moita sona en toda Galicia. O soño de Antonio estaba cumplido!

                                                 FIN 


martes, 21 de julio de 2015

VIDA GATUNA

    


Unha fermosa gatiña de pelo branco observaba a paisaxe a través da alambrada, era un campo de herba verde rodeado de árbores. O día estaba soleado, e a gata estaba deitada no muro descansando ao sol sen deixar de mirar a través da alambrada. Qué estará pensando? Quererá escapar?
O muro ten unha columna por onde pode saír, pero para qué quere saír se na casa está de maravilla e con comodidade? Na horta pásao ben paseando entre as verduras que lle dan sombra. 
En fin, a saber o que estará pensando, ou se cadra non está pensando en nada. 

FIN



sábado, 27 de junio de 2015

ABURRIMENTO

imagen de google.
  

Cando pasas todo o día na aldea, chega un momento en que xa non sabes en que pasar o tempo e abúrreste, tanto te aburres que estando medio deitada no sillón póste a mirar o teito case todo o tempo. Aínda falta unha hora para marchar e os minutos pasan demasiado lento, na casa da aldea non hai internet e no móvil tampouco, como sabes que vas estar todo o día na aldea levas a cámara de fotos, pero xa non hai nada que fotografiar na casa.Así que ahí sigues,medio deitada no sillón da sala, mirando cara o teito e sen saber que facer, de vez en cando te levantas para pasear un pouco pola sala, despois vólveste a sentar. A tarde faise longa, ata que por fin xa pasa a hora e xa imos para o coche e voltamos á casa.



FIN   


sábado, 25 de abril de 2015

A BROMA DO AVÓ

O meu avó materno era unha persoa moi bromista e nos facía rir moito, nos seus derradeiros anos todos pensabamos que estaba xordo como unha tapia, xa que decía mal algunha cousa que saía na televisión.
Na época en que Mirian Díaz Aroca salía na televisión, cando decían o seu nome o meu avó dicía Mazaroca,  e eu ríame e logo decíalle en voz alta e vocalizando:
- Non é Mazaroca, é Dí- az  A-ro-ca!
Eu decíallo sorrindo porque me facía gracia. Pois ben, resulta que cando enfermou todos descubrimos que oía perfectamente, facíase o xordo para facernos rir, que enganados nos tiña!
Así era o meu avó, el era canteiro, traballaba na pedra, pero quen sabe se tería éxito como humorista, gracia non lle faltaba.


FIN

sábado, 21 de marzo de 2015

IMAXINANDO O FUTURO

imagen de Google
                       


Están dou amigos nun bar tomando algo, teñen unha conversa sobre o futuro.
- Pregúntome como será o futuro, a mín gustaríame que houbera un teletransportador, sería un bo invento, non crees?
-A verdade é que si, en poucos minutos poderías ir a calquera parte, igual que en Star trek.
-Pois si, o que nos aforraríamos en gasolina, e non teríamos que aguantar os atascos.
- E sobre todo sería moi útil para a xente que non ten coche nin ten carnet de conducir.
-Tamén estarían ben eses inventos que había na triloxía de Regreso al futuro.
- Certo, como esas zapatillas que se atan soas, ou a roupa que se seca soa en canto se molla.
- Bueno, e eses coches voadores supermodernos, iso si que é unha pasada!
-Dende logo, pero de momento segue sendo ciencia ficción e non sei se chegará a inventarse todo iso.
- Certo, de momento nada de nada.
-Pois nada, vivamos o presente e xa se verá ou non se se inventa todo iso.
- É verdade, vivamos o presente.
- Bueno, téñome que ir, teño cousas que facer, xa nos veremos.
-Vale, adeus, xa nos veremos logo.
-Adeus.
Os dous amigos pagan na barra do bar e vaise cada un polo seu lado.

FIN