Translate

sábado, 21 de marzo de 2015

IMAXINANDO O FUTURO

imagen de Google
                       


Están dou amigos nun bar tomando algo, teñen unha conversa sobre o futuro.
- Pregúntome como será o futuro, a mín gustaríame que houbera un teletransportador, sería un bo invento, non crees?
-A verdade é que si, en poucos minutos poderías ir a calquera parte, igual que en Star trek.
-Pois si, o que nos aforraríamos en gasolina, e non teríamos que aguantar os atascos.
- E sobre todo sería moi útil para a xente que non ten coche nin ten carnet de conducir.
-Tamén estarían ben eses inventos que había na triloxía de Regreso al futuro.
- Certo, como esas zapatillas que se atan soas, ou a roupa que se seca soa en canto se molla.
- Bueno, e eses coches voadores supermodernos, iso si que é unha pasada!
-Dende logo, pero de momento segue sendo ciencia ficción e non sei se chegará a inventarse todo iso.
- Certo, de momento nada de nada.
-Pois nada, vivamos o presente e xa se verá ou non se se inventa todo iso.
- É verdade, vivamos o presente.
- Bueno, téñome que ir, teño cousas que facer, xa nos veremos.
-Vale, adeus, xa nos veremos logo.
-Adeus.
Os dous amigos pagan na barra do bar e vaise cada un polo seu lado.

FIN                                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario