Translate

jueves, 1 de agosto de 2013

AMIZADE POR ENRIBA DE TODO

  


Cobi e Scotty son dous cans que temos na aldea, un día pelexaron por culpa da comida, Scotty estaba comendo e o outro acercouse a el para quitarlla e empezaron a pelexar.
Durante un tempo estiveron enfadados e andaban cada un por separado, Scotty estaba moi triste e entón miña nai empezou a levalo á cociña, estaba moi feliz dentro, xa que fóra non podía saudarnos debido aos celos do outro. Eu cheguei a pensar que nunca volverían a ser amigos.
Pasado o tempo, os cans olvidáronse do asunto e volvían a andar xuntos, por fin eran amigos de novo!
Eles siguen sendo amigos, aínda que teñen os seus máis e os seus menos por culpa do mal carácter de Cobi que ademáis é o que manda por ser el o máis maior dos dous.
Este relato demostra que a amizade está por enriba de todo, aínda que haxa malos rollos.

                   

domingo, 21 de julio de 2013

O TRIUNFO DO AMOR

 


Unha parella na casa está discutindo, ela descubriu que el estivo con outra, el dille que non, ela non lle cree, el insiste en que non é certo. Os dous acaban berrando e ela marcha da casa dando un portazo, necesita dar un paseo.
El queda alí sentado no sofá moi triste e chorando como nunca chorou na súa vida, quere olvidar, colle unha botella e ponse a beber sen parar. El dase conta do moito que a quere e arrepíntese de estar coa outra muller.
Mentras tanto ela vai pola rua triste porque a pesar de todo quéreo, entra nunha discoteca e despois de tomar algunhas copas decide poñerse a bailar ela soa, todo o mundo se queda mirando polo ben que baila e incluso aplauden ao ritmo da música, ela vaise animando cada vez máis.
Despois duns cantos bailes, ela decide volver á casa e ve que el está durmido no sofá, ela cansada vaise deitar na cama.
Á maña seguinte, deciden volver a falar do asunto, el dille que está totalmente arrepentido do que fixo e que non o volverá a facer porque se dou conta de que sempre a vai a querer, ela contéstalle que a pesar de todo o sigue querendo e acepta o seu perdón.
El dalle as gracias cheo de felicidade e logo danse un abrazo e un bico de reconciliación.



                       

martes, 9 de julio de 2013

AFORTUNADOS

         


David e Pedro son dous irmáns, xa levan toda a semana de vacacións en Brasil, é domingo, mañán xa se volven para España e pensan pasalo moi ben o último día.
Salen da habitación do hotel e no vestíbulo encóntranse co seleccionador Vicente Del Bosque, os dous quedan abraiados, resulta que estaban no mesmo hotel que estaba a Selección Española, que iba a xogar a final da Copa Confederacións contra Brasil. Eles acercaronse a el e estiveron falando un pouco, ata se fixeron unha foto. O entrenador preguntoulles se iban a ir ao partido e David contestoulle que non podían porque non tiñan entrada, xa que chegaran onte á noite á cidade.
Seguidamente, Del Bosque lles dixo que tiña duas entradas que lle sobraban e que se querían llas podía regalar. David e Pedro estaban alucinando co que acababan de oir, mentres o seleccionador colleu as duas entradas no bolsillo da súa chaqueta e doullas.
David e Pedro colleron as entradas con cara de asombro, non paraban de darlle as gracias pola súa amabilidade.
Horas despois foron ao Estadio Maracaná que era onde se xogaba o partido. Estaban nerviosos e impresionados polo estadio e polo ambiente que había.
David e Pedro non se cansaban de animar todo o partido a pesar do mal que estaba xogando España, eso sí, estaban sufrindo moito.
Final do partido, Brasil vence por tres goles a cero, os dous irmáns vanse tristes pola derrota, volven ao hotel para descansar.
Pola mañá van ao aeroporto e toman rumbo a España felices e contentos porque o pasaron ben toda a semana de vacacións en Brasil.

martes, 21 de mayo de 2013

Ando ocupada

 

Hoxe non vou a escribir ningún relato, só quero dicir que agora mesmo teño pouco tempo para escribir, xa que estou bastante ocupada. Fai un mes que non escribo nada porque non tuven tempo, así que un pouco de paciencia, en canto esté máis libre volverei a actualizar o blog, seguramente dentro de un mes aproximadamente. Mentras tanto, podedes seguir entrando e agradecería que deixarades comentarios para saber se vos gusta o que escribo.

sábado, 20 de abril de 2013

UN SOÑO IMPOSIBLE

  

Din que os soños se fan realidade, pero eu creo que non sempre; e esta historia demostra que eso é así.
Corría o ano dous mil dez, eu estaba mirando en Internet as cancións dos candidatos ao Festival de Eurovisión de ese ano, pois alí encontrei unha bonita canción chamada "Algo pequeñito", dun casi desconocido para o gran público, Daniel Diges.
Empecei a ver vídeos del en Youtube e vendo un deses vídeos, no que cantaba en español "I want to break free" no musical "We will rock you", foi cando me fixen fan del porque descubrín que tiña unha voz impresionante e que ademáis era un gran intérprete, tamén foi porque co tempo caiume moi ben e lle collín moito cariño por como era e sigue sendo como persona.
A partir de ahí, empecei a seguilo no Facebook e alí coñecín ás súas fans que empezaron a medrar despois da súa participación en Eurovisión.
Eu dende aquela quixen velo actuar e coñecelo en persona, pero eso é un soño imposible de cumplir porque as entradas para os musicais que fai son demasiado caras e ademáis non podo viaxar. A verdade é que é moi dificil ser fan, mais seguir a Daniel fixo que eu coñecera a existencia de outros cantantes compañeiros del e estar algo enterada dos musicais que se fan, xa que antes non tiña nin idea.
E pregúntome: cumplirei o meu soño algún día?