Translate

miércoles, 4 de noviembre de 2015

A FELICIDADE DE ESTAR COS AMIGOS

                  



 Esta noite  non hai nada na televisión, ela ten ganas de que sexa venres outra vez para estar cos seus amigos e pasalo moi ben. Non os ve en toda a semana porque cada un ten as súas ocupacións, a fin de semana sempre lle tarda en chegar porque os bota de menos. O agarimo que ela sinte polos seus amigos é para sempre. Os seus amigos tamén a queren moito e a botan de menos porque os une unha gran amizade que nunca se romperá.
Chega o venres e ela queda cos seus amigos para ir por ahí, por fín se xuntan todos e saúdanse con moita alegría, van a tomar algo, comentan todo o acontecido na semana, charlan e rin todo o tempo, logo van á discoteca. Ela síntese feliz estando cos seus amigos.
Xa de madrugada deciden irse ás súas respectivas casas e xa fóra da discoteca despídense e  marchan.
Ela vaise contenta porque o pasou moi ben, chega á casa e déitase na cama. 
                          
                                                            FIN
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario