Esta historia transcurre en Tenerife, na zona de piscinas dun Aparta-Hotel, era a excursión de fin de curso de oitavo de EXB, alá polo mes de maio a comenzo dos noventa.
Todo comezou cando unha das compañeiras me presenta a unha rapaza inglesa, que coñecera na piscina, para que eu estivera con ela. Varios días pasei tempo con ela, eu non dicía nada e ela case nada. O caso é que un día levoume canda a súa familia que estaba na piscina, e vinme nunha situación incómoda.
Nesa familia eran varias mulleres e unha nena moi pequeniña, non recordo se había tamén unha nena algo máis maior.
Volvo á historia, eu daquela case non sabía inglés, a rapaza supoño que me presentou, a verdade é que non souben o que lles dixo, logo unha delas ía dicindo os nomes de cada unha.
O primeiro que lles dixen foi:
- I am Spanish.
Unha contestoume con ledicia:
- Oh, española!
Logo cada unha empezou a dicir "hola" en español, ata ese momento todo ía ben, agora chegaría a situación incómoda.
Despois de tanto saúdo, preguntaronme o meu nome e ahí foi cando me bloqueei, bloqueeime porque non sabía como dicir o meu nome en inglés e quedei muda, mirando sen saber que dicir, non daba reaccionado. Elas repetíanme unha e outra vez incluso vocalizando porque pensaban que non entendía:
- What`s your name? What`s your name?
Despois de estar alí un cacho de tempo, que a min se me facía eterno, apareceu por alí unha compañeira da excursión e sacoume de alí dicíndome:
- Vente, que temos que marchar.
Nese momento quedei aliviada e por fin conseguín librarme desa situación. Así foi a primeira vez que tiven que falar inglés.
A parte de ser a primeira vez que falei en inglés, tamén foi a primeira vez que bailei nun pub, que vin un karaoke e que vin a unha persona en Topless. Todo iso foi nese hotel.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario