Un día decidiu marchar da casa porque lle traía demasiados recordos dos seus pais, ela era filla única e non tiña a ninguén máis no mundo. Camiñou e camiñou cara unha fraga que estaba preto da aldea na que vivía; despois dun cacho de tempo andando atopou unha cabaña abandonada, entrou nela e decidiu quedarse a vivir alí.
Día a día ía sobrevivindo como podía, alimentábase con froitos silvestres e pescaba no río, o seu pai enseñáralle a pescar e a súa nai a cociñar e a facer as tarefas da casa. Non era moito o que tiña para comer, pero valíalle para estar un tempo.
Uns días despois apareceu por alí un cazador que ía descansar un pouco cerca do río, e veu á nena que estaba a un metro del pescando.
O pescador mirou para ela, acercouse e preguntoulle:
-Nena, qué fas aquí tan soa?
-Estou pescando.
-Xa, pero por qué estás soa?
-Porque me fun da casa fai uns días.
-Por qué te fuches? Deben estar buscándote teus pais.
-Ninguén me está buscando, os meus pais morreron e non teño a ninguén máis, así que decidin marchar da casa e vivir aquí.
-Vaia, sintoo moito. Non podes vivir aquí ti soa, é perigoso e non podes alimentarte ben.
- Eu aquí estou ben, vivo nesa cabaña que está ahí.
-Pero quedarás sen comida e no inverno terás frío.
-Non teño outro sitio a onde ir.
- Podes vivir comigo, eu tamén estou só, vivo nunha pequena casa na aldea.
-Bueno, está ben, irei con vostede.
-Alédome de que decidas iso, imos á casa logo.
- Imos.
Os dous se meten no jeep e vanse para a casa, pasan os meses e encaríñanse tanto que xa se consideran pai e filla.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario