Á mañá seguinte sae da habitación e atopa a un xoven no pasillo, queda mirando para el e decide falarlle.
- Hola, que fas por aquí?
- vou baixar a almorzar.
- Cómo te chamas?
- Raúl.
- Encantada, eu son Laura.
- Encantado, Laura. Hospédaste ti soa?
- Si, e ti?
- Eu tamén.
- De onde eres, Raúl?
- De Asturias, e ti?
- De Lugo.
- Ah, que ben! Oes, xa que viaxamos sós, por qué non almorzamos xuntos?
- Paréceme ben, almorzar soa sería aburrido.
- Pois logo, imos.
Chegan ao restaurante do hotel e almorzan, despois de manter unha agradable conversación durante o almorzo, deciden pasar o resto do día xuntos, e así pasan todas as vacacións.
De pasar tanto tempo xuntos, entre eles nace o amor e fanse inseparables.
Chega o derradeiro día de vacacións e os dous están tristes porque se teñen que marchar cada un ao seu lugar de residencia.
- Laura, estou triste.
- Eu tamén, Raúl.
- Hoxe teño que marchar para Asturias.
- Eu tamén teño que marchar para Lugo.
- Non quero separarme de ti, Laura.
- Eu tampouco quero separarme de ti, Raúl.
- Qué podemos facer?
- Vivamos xuntos!
- E onde?
- Onde ti queiras, cariño.
-Vivirías conmigo en Asturias?
- Claro que si, cariño, eu contigo iría ata a fin do mundo.
- Entón, decidido!
Un tempo despois empezaron a vivir xuntos nunha casa en Asturias e foron felices para sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario