Translate

jueves, 10 de enero de 2013

O QUE É A VIDA!

  


Eu era unha rapaza xa maior de idade, estaba no instituto cursando segundo de BUP a mediados dos noventa.
Ese curso, cando eu estaba no pasillo, vía moitas veces a un rapaz que tiña un extraño peinado, e por eso me chamou a atención. El tamén me vía a min.
Eu pensaba para min: - Vaia pinta que ten ese!
Pois o peinado era unha cresta, e a un lado unha especie de chicho,máis hortera imposible!
Durante o curso víao tantas veces que cheguei a sentir curiosidade por saber quen era, non nos conociamos de nada, e nunca chegamos a falarnos porque el era de outra aula.
O curso terminou e non o volvera a ver máis, xa que eu deixara os estudos.
O tempo pasaba, e a veces acordábame daquel rapaz, e eu seguíame preguntando quen era, ata que un día, cando eu xa levaba algúns anos sendo alumna da escola de teatro do pobo, chegou un novo alumno que se chamaba Pablo, e pouco a pouco nos fomos facendo amigos.
Un día vin no facebook unha foto de Pablo cando era un adolescente, e despois de mirala varias veces, descubrín que Pablo era aquel rapaz que vira en aquel pasillo. O que é a vida!
Quén me ía dicir a mín, que moitos anos despois, ía a encontrarme a aquel rapaz, que se convertiría no meu mellor amigo e que o querería coma un irmán? A verdade é que foi unha gran sorpresa, e ademáis conseguira saber quen era aquel rapaz do extraño peinado.
Pablo, cando entrou na escola de teatro, estaba moi cambiado fisicamente, tiña o pelo máis curto e non estaba delgado como daquela. Era imposible recoñecelo.
E esta é a historia de Pablo máis eu, espero que nosa amizade dure toda a vida.

1 comentario:

  1. Me a gustado mucho, seguire visitándolo,no cabe duda que tienes talento,contando tus historias,ya estoy ansioso por leer la siguiente,y eso que leer en gallego me cuesta pero así fortalezco mi gallego,que a pesar de llevar 19 años en Galicia,es bastante cor-tito,voy a ver tu perfil en busca de tu otro blog

    ResponderEliminar