Translate

martes, 15 de enero de 2013

A SOIDADE DE BERTA

 

A veces chega un momento na vida, en que é necesario facer o que sexa para sobrevivir neste mundo tan complicado no que vivimos, con tanta violencia e tanta pobreza, tamén coas situacións persoais de cada un.
Según oín dicir, fai tempo unha muller chamada Berta, que estaba soa e sen familia, decidiu irse á cidade, para entrar nunha familia facéndose pasar por unha irmá segreda do señor da casa, nacida dunha relación anterior do seu pai. Cando me dixeron iso, eu quedei pasmada, é incrible o que pode facer unha muller desesperada!
Volvendo á historia, todos os membros desa familia quedaron de pedra, sobre todo Miguel Fandiño, o señor da casa. De repente a situación cambiaba, xa que Berta ía a convertirse na cuñada de Manuela Fandiño, a señora da casa, e na tía dos fillos.
Berta contoulles unha sarta de mentiras e eles creérono todo de principio a fin, ademáis poñía cara de dicir a verdade. E digo eu, como é posible que sexa capaz de finxir tanto e que non se den conta?
Sigamos coa historia, co tempo conseguiu que toda a familia a quixera, sobre todo os fillos, un neno de cinco anos chamado Brais e unha nena de sete chamada Uxía, estaban moi ledos de que ela estivera na casa.
Pasado un tempo, Berta, ao terlle aprecio a esa familia, non tiña a conciencia tranquila e dudaba se decir a verdade ou seguir calada. Un día reuniu a toda a familia na sala e decidiu dicila, unha vez sabida a verdade os Fandiño perdoárona porque se deron conta de que tiña unha vida moi triste, e ademáis de perdoala decidiron que se quedara para sempre polo aprecio que todos lle tiñan e para que nunca máis estivera soa, para ela sería unha especie de familia adoptiva. Berta púxose moi contenta e agradeceuno moito, xa que ela non quería irse e tampouco tiñña a onde. Alí se quedou coa familia Fandiño, onde estaba moi a gusto para non volver máis ao seu pobo.
Cando oín esta historia doume pena a muller, pero ao final conseguiu ser feliz con xente que a quería e que ela quería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario