Translate

domingo, 7 de diciembre de 2014

REENCONTRO

 
imagen de Google.



Dous nenos estaban xogando nun parque, os seus pais observábannos sentados nun banco cercano. Os cativos estaban nun tobogán pasándoo moi ben.
De súpeto, levantouse un vento tolo e púxose a chover, os rapaces e os pais comenzaron a correr para resgardarse en algún sitio, pero non había ningún, cando ían correndo apareceu un home e
pararon. O home semellaba unha persoa extraña e eles tiñan algo de medo, así que intentaron escapar del, o indivíduo foi detrás deles.
Os catro corrían canto podían, pero el logrou alcanzalos e díxolles:
- Non vos quero facer mal, só quero axudarvos a encontrar un lugar para resgardarvos.
Os catro deixaron de ter medo e quedaron tranquilos, a nai dos rapaces preguntoulle:
-Quén é vostede?
O home contestou:
-Chámome Alberte e son un vello amigo do seu home, xa facía moitos anos que non nos viamos e parece que non me recoñeceu.
O marido contestou:
- Alberte, non te recoñecera para nada! Cantos anos facía que non nos viamos?
Alberte contesta:
-Xa fai polo menos trinta anos, non cambiaches case nada!
O marido contestou:
- Pois xa choveu! Ti tampouco estás tan cambiado!
Alberte dixo:
- Vexo que che trata ben a vida!
O marido contestou:
- Bueno, non me podo queixar, esta é a miña muller Adela e estes son os meus fillos Andrés e Marcos.
Alberte contestou:
- Encantado de coñecervos.
Contesta Adela:
- Igualmente.
Contestan os nenos ao mesmo tempo:
- Igualmente.
O marido dixo:
- Porqué non imos todos a tomar algo polos vellos tempos?
Alberte contestou:
- Paréceme unha boísima idea, Ramón.
Seguiron camiñando pola rúa, o vento xa parara de zoar e xa non chovía. Todos xuntos foron a un bar que frecuentaban e alí quedaron falando dos vellos tempos.

FIN






domingo, 21 de septiembre de 2014

O PROFESOR DE FÍSICA

Cando eu estaba no instituto, alá polos anos noventa, había un profesor que me daba clase en segundo de BUP, era o profesor de física.
Era unha persoa de mediana idade seguramente, tiña un aspecto moi serio que impoñía un pouco, polo menos a min. Chamaba aos alumnos de vostede e decía frases moi enxeñosas que eran inventadas por el utilizando nelas palabras relacionadas coa asignatura. A única frase que recordo era: "Le voy a poner un cero kelvin", daba as clases en castelán.
Como profesor era un pouco duro, pero non era malo, inda que cando eu chegaba un pouco tarde, entraba na clase con medo a que me botara fóra, xa que el o facía cando algún alumno chegaba moi tarde, se só chegaba un pouco tarde, decíalle que saíra e volvera a entrar, iso díxomo bastantes veces, por sorte nunca me botou da clase. As veces que cheguei tarde á súa clase non foi a propósito, e que simplemente non dera chegado antes.
Moitos anos despois o profesor, que xa estaba xubilado, entrou no Facebook e atopoume, e dende ese momento estamos en contacto.
Eu só o coñecía como profesor, pero agora o coñezo tamén como persoa, a verdade é que é un bo home.

FIN 

domingo, 3 de agosto de 2014

O PAÍS DOS COELLOS

                


A nai acababa de espertar pola mañá, mirou o reloxo e veu que era a hora de levantarse, era venres e esperáballes a ela e á súa filla un longo fin de semana de verán, ían a acampar a unha fraga cerca do monte.
A nai foi a espertar á filla que aínda estaba medio durmida, a filla levantouse, e para estar esperta de todo, puxo un pouco de música.
Tras o almorzo foron ao coche e saíron da casa con todas as cousas para acampar, tras uns poucos quilómetros a filla aburríase un pouco, así que puxeron música na radio.
Pronto chegaron á fraga e encontraron un sitio para acampar que estaba preto dun río que levaba moita auga. Unha vez instaladas, decidiron ir a dar un paseo por alí. Cando levaban un tempo andando atoparon un simpático coello que as levou a un lugar onde había moitos coellos, era un país máxico. A nai e a filla estaban abraiadas ao ver ese lugar tan bonito e ver tantísimos coellos de todos os colores.
O coello levounas ata onde estaban os demais coellos, e alí todos os coellos mostraron moita alegría de velas. Nai e filla estaban encantadas por ser tan ben recibidas, pasaron bastante tempo convivindo alí con eles. Como estaban tan contentos de estar con elas, a nai foi nomeada raíña do país dos coellos e a filla foi nomeada princesa.
Dende ese mesmo momento, nai e filla foron dúas habitantes máis daquel país, e alí se quedaron para sempre.



FIN 



martes, 15 de julio de 2014

A GALIÑA QUE SE EMBORRACHOU

     


Esta historia sucedeu fai moitos anos, eu aínda era moi pequena e non a recordo. 
Era verán, na época de traballar na herba seca, estaban traballando na eira, nun descanso estiveron bebendo viño nunhas tazas. 
Daquela as galiñas andaban libremente pola eira, cando miña nai pousou a taza no chan volveu a traballar, e sen que ninguén se dera conta unha galiña acercouse á taza, semella que tiña moita sede e púxose a beber o viño que quedaba. 
Despois diso miña nai mirou a taza e veu que estaba baleira, e logo veu que a galiña andaba tambaleándose, sempre caía e intentaba levantarse, pero non daba do borracha que estaba.    

FIN           

domingo, 8 de junio de 2014

O HOME MISTERIOSO

                  

Diana sae da peluquería e atópase cun home na terraza dun bar que está ao lado, ela continúa camiñando, un pouco despois o home empeza a seguila. Dase conta de que o home camiña detrás dela porque o escoita andar, mira para atrás e non o ve, o home escondeuse para que non a vira. Ela segue andando e nota que ese mesmo home continúa seguíndoa, está agobiada e empeza a correr, cansada para un pouco. Non é a primeira vez que nota que a seguen, pásalle dende fai uns días.
Diana mira a todos lados e non ve a ninguén, así que segue camiñando tranquilamente, de repente aparece o home diante dela e Diana berra, o home tápalle a boca para que non volva a berrar.
O home dille:
-Tranquila, non berres que non che vou facer mal.
Diana pregúntalle:
-Quén és ti e por qué me segues?
O home contesta:
-Son Mateo,  un antigo compañeiro do teu colexio.
Diana dille:
-Pois non te recordo, pero por qué me segues?
Mateo contesta:
-Eu estaba na túa clase xusto detrás de ti, seguíate porque quería saber que tal che vai.
Diana dille:
-Ah si, creo que xa me lembro, pois déchesme un susto! Alégrome de volver a verte.
Contesta Mateo:
-Sinto que te asustaras, non era a miña intención. Vinte por aquí fai uns días e como non tiña como comunicarme contigo decidín seguirte.
Diana pregúntalle:
- E por qué ese interese por contactar conmigo?
Contesta Mateo:
-Porque sempre me caíches moi ben.
Diana e Mateo intercambian os números de teléfono, pasan uns días e quedan para recordar vellos tempos, quedan moitas veces máis e nace unha bonita amizade.

FIN