Translate

domingo, 12 de enero de 2014

HISTORIA DUN ENCONTRO

                                         

Esta historia empeza nunha estación de autobus nalgunha vila de Galicia, hai unha moza pensativa agardando, vai á Coruña a ver a un amigo que coñeceu en Facebook.
Despois dalgún tempo comunicándose con el, por fin poderá coñecelo, ela está pensando en como será o encontro. Por fin chega o autobus, sube a el e marcha rumbo á Coruña.
Un tempo despois, chega á cidade e baixa do autobus toda contenta, apenas coñece A Coruña, así que quedou co seu amigo na estación de autobus. Avanza un pouco entre a xente e alí está el mais
a súa muller, á cal tamén coñece polo Facebook, saúdanse os tres con apertas.
Despois diso vanse a un bar onde vai cantar o amigo, xa que el é cantante, os tres se meten no coche.
O amigo está actuando, a moza escoita emocionada as cancións, pásao moi ben véndoo e está moi feliz porque por fin conseguiu velo actuar ademais de coñecelo. En canto á muller, non para de chorar da emoción con cada canción que canta el.
Unha vez finalizado o concerto, a moza ten que regresar á casa, cousa que lle da pena porque o pasou xenial, así que o amigo e a muller deciden levala á estación e alí se despiden.
A moza tras meterse no autobus marcha feliz e cun gran sorriso na cara.

FIN    

martes, 7 de enero de 2014

Primeiro aniversario de "Relatos de Ánxela"

                

Esta vez non escribo ningún relato, hoxe adico un post a este blog porque é o día no que cumple un ano. 
O sete de Xaneiro do dous mil trece eu empezaba este blog coa intención de escribir relatos simplemente porque me apetecía escribir, despois dun ano podo dicir que me gusta isto de escribir relatos, gustaríame escribir máis veces das que escribo, pero a inspiración tarda moito en chegar. Que o blog sea en galego fai difícil que entre moita xente, continúa entrando pouca a pesar de que puxen o tradutor de Google. 
Para este ano que está comenzando gustaríame que houbera máis visitas e que a xente participara comentando e compartindo os relatos que escribo, espero que se cumpla. 
Isto é todo, saúdos e feliz ano para todos e todas. 

domingo, 8 de diciembre de 2013

UNHA DEPORTIVISTA EN BALAÍDOS

                           


Esta historia transcurre o trinta de abril do ano dous mil, é a xornada trinta e cinco da liga en Primeira división, o Celta de Vigo xoga contra o Deportivo da Coruña en Balaídos.
Días antes o meu pai e o meu irmán decidiran ir ao partido coa peña do Celta que había daquela na vila e preguntáronme se eu quería ir, despois de dubidalo un pouco dixen que si, como eu son do Deportivo ía estar rodeada de celtistas e por iso tivera dúbidas.
Chegou o día do partido, decidín non levar nada que me identificara como deportivista por se ao chegar alí os celtistas se metían conmigo. Partimos no autobus rumbo a Vigo e a viaxe foi tranquila.
Xa en Balaídos, vimos que había moitísima xente, observabamos que había moita que se dirixía a un sitio e fomos alí por se era o autobus do Deportivo, pero non era o equipo, eran aficionados do conxunto coruñés. Cando os celtistas o viron empezaron a abuchealos e insultalos, cousa que non me gustou nada. Xa sei que os insultos forman parte do espectáculo, pero non me gustan veñan de quen veñan.
Entramos no estadio, as gradas están cheas, e eu estou alí no medio de tanto aficionado do Celta, nesa parte da grada a visibilidade non é nada boa, xa que en canto se levantan os de diante quedo sen ver nada.
O partido estivo cheo de faltas por parte dos dous equipos, eu non o pasei nada ben porque cada vez que un xogador do meu equipo facía unha falta os celtistas insultábano.
Estiven incómoda todo o partido porque cando marcou o Deportivo non me atrevín a celebralo moito, ao final ganou o Celta. A verdade é que a veces dábame ganas de sentarme na grada onde estaban os deportivistas, ahí si que ía estar a gusto!
Ao saír do estadio fomos a un bar e vimos o resumo do partido e despois volvimos á casa.
Esta foi a única vez que fun a Balaídos a ver un Celta-Deportivo, e non quixen volver máis.

FIN            

lunes, 4 de noviembre de 2013

A PRIMEIRA VEZ QUE FALEI INGLÉS

      

Esta historia transcurre en Tenerife, na zona de piscinas dun Aparta-Hotel, era a excursión de fin de curso de oitavo de EXB, alá polo mes de maio a comenzo dos noventa. 
Todo comezou cando unha das compañeiras me presenta a unha rapaza inglesa, que coñecera na piscina, para que eu estivera con ela. Varios días pasei tempo con ela, eu non dicía nada e ela case nada. O caso é que un día levoume canda a súa familia que estaba na piscina, e vinme nunha situación incómoda. 
Nesa familia eran varias mulleres e unha nena moi pequeniña, non recordo se había tamén unha nena algo máis maior. 
Volvo á historia, eu daquela case non sabía inglés, a rapaza supoño que me presentou, a verdade é que non souben o que lles dixo, logo unha delas ía dicindo os nomes de cada unha. 
O primeiro que lles dixen foi: 
- I am Spanish. 
Unha contestoume con ledicia: 
- Oh, española! 
Logo cada unha empezou a dicir "hola" en español, ata ese momento todo ía ben, agora chegaría a situación incómoda. 
Despois de tanto saúdo, preguntaronme o meu nome e ahí foi cando me bloqueei, bloqueeime porque non sabía como dicir o meu nome en inglés e quedei muda, mirando sen saber que dicir, non daba reaccionado. Elas repetíanme unha e outra vez incluso vocalizando porque pensaban que non entendía: 
- What`s your name? What`s your name? 
Despois de estar alí un cacho de tempo, que a min se me facía eterno, apareceu por alí unha compañeira da excursión e sacoume de alí dicíndome: 
- Vente, que temos que marchar. 
Nese momento quedei aliviada e por fin conseguín librarme desa situación. Así foi a primeira vez que tiven que falar inglés. 
A parte de ser a primeira vez que falei en inglés, tamén foi a primeira vez que bailei nun pub, que vin un karaoke e que vin a unha persona en Topless. Todo iso foi nese hotel. 

FIN  





martes, 8 de octubre de 2013

OS MEUS INICIOS NO TEATRO

   

Todo empezou alá polo ano 2004, eu tiña 26 anos,durante o curso cumpliría 27, estaba na casa aburrida e un día vin no xornal que había unha escola de teatro na vila, eu tiña ganas de facer algo e saír da casa, tiña dúbidas porque daquela era demasiado calada. Uns días despois, meu pai mais eu fomos a falar co director da escola, estiven dous días a proba; daquela as clases eran dous días á semana.
Durante eses dous días estiven moi a gusto coa xente e cos dous profesores que había, a profesora, que era a que hai agora, daba clase de expresión corporal e tamén había un profesor que daba clase de interpretación.
Dito esto, despois deses dous días decidín seguir na escola, e continuei ano tras ano.
Durante ese curso, pouco a pouco me fun adaptando ao grupo gracias á axuda de varias compañeiras. Tamén me fun adaptando a estar no escenario gracias á axuda do profesor que me transmitía tranquilidade e seguridade, e estaba pendente de que estivera cómoda, gracias a el son capaz de subirme a un escenario.
Aquel ano representaramos a obra de Chejov "A ruleta rusa", eu facía de criada nun dos sketches da obra.
Teño moi bo recordo dese curso, pasabámolo moi ben ensaiando, era un bo grupo e tiña no sketch uns compañeiros/as de reparto xeniais.
Dende aquel ano fun mellorando pouco a pouco como actriz e como persona, aínda que me queda moito que mellorar.
Penso que entrar na Escola de teatro da Estrada foi a mellor decisión que puden tomar.

FIN