Decembro, quedan poucos días para as festas de Nadal, a cidade está chea de adornos e luces, Olga traballa de mestra nunha gardería, está casada con Pedro, que traballa de dependente nunha tenda de xoguetes, os dous teñen dous fillos, Daniel e Carlos, ambos son xemelgos.
Olga ten a ilusión de que lle toque a lotería de Nadal porque a gardería ten problemas económicos e quere aportar parte do premio, así que compra un décimo e gárdao ben ata o día do sorteo.
Pasan os días e chega o día do sorteo, Olga levántase cedo con moitas ganas de ver a retransmisión na televisión, está nerviosa e ilusionada coa posibilidade de gañar, aínda que sabe que é moi difícil que lle pase a ela.
Pasa media hora e por fin cantan o Gordo, o número coincide co seu décimo de lotería , Olga sorprendida e feliz ponse a dar saltos e berrar, está ela soa na casa, Pedro está traballando e os nenos están no colexio, é o último día de clases.
Olga chama por teléfono a Pedro:
Pedro, Pedro!
Que pasa, Olga?
Tocounos a lotería!
En serio? Non será unha broma!
En serio, Pedro, o número coincide!
Cantos cartos gañamos?
Un millón de euros.
Meu deus!
Estou moi emocionada, Pedro!
Eu tamén, Olga, en canto acabe de traballar vou para a casa.
Vale, Pedro, adeus.
Adeus, cariño.
Pedro chega á casa, os nenos volveron á casa en autobús, eles xa saben que lles tocou a lotería, Olga recibe a Pedro con un sorriso de orella a orella, todos se dan abrazos de celebración.
Olga chama á directora da gardería para darlle a boa noticia:
Ola, Olga, para que me chama?
Ola, señora directora, non se pode imaxinar o que me pasou.
Escóitoa moi contenta, que lle pasou?
Estou moi emocionada, acabo de ganar o Gordo da lotería de Nadal!
E canto lle tocou?
Un millón de euros!
Moitas felicidades, Olga, alégrome moito por vostede.
Gracias, señora directora, unha parte do premio será para a gardería, que boa falta fai.
Moitas gracias, Olga, é vostede moi xenerosa!
Non hai de que, encántame traballar na gardería e quería axudar a resolver os problemas económicos.
Pois gracias a vostede a gardería poderá seguir adiante.
Un pracer poder axudar, que teña un bo Nadal.
Igualmente, Olga.
Para Olga e a súa familia foron as mellores festas de Nadal dos últimos anos.
FIN
Feliz año nuevo, un final feliz y que siempre sea así. Abrazos.
ResponderEliminar