As datas de Nadal están próximas, así que decide comprar un décimo da lotería, a ver se lle toca. Chega o día e pola mañá pónse a ver o sorteo na televisión, está moi nervioso e con moita emoción por se cae algo.
Son as once da mañá e aínda non lle tocou nada, de repente, os nenos de San Ildefonso cantan o Gordo, o mozo comproba o billete e ve que coincide, acababa de tocarlle a lotería!
El está todo emocionado e non pode crer a súa boa sorte, está dando saltos de alegría, todo é felicidade nesa casa, Antonio e a súa familia están de celebración. Agora xa tiña os cartos para poder cumplir o seu soño.
Uns meses despois decide marchar a Santiago de Compostela. Pouco a pouco vaise adaptando á cidade, ao idioma e ao clima, tamén vai facendo contactos. Un deles fálalle dun hotel que leva pechado moito tempo, Antonio dille que lle gustaría collelo para volvelo a abrir e que sería un hotel de cinco estrelas. O contacto, o cal se chama Sindo, díxolle que lle parecía moi ben e desexoulle sorte.
Chegou o día seguinte e saleu a visitar ese hotel, veu que era moi grande e moi bonito, aínda que estaba cheo de pó.
Pasaron uns meses e chegou o día da apertura, en pleno mes de maio, pouco a pouco se foi enchendo o hotel con turistas de todos os lugares do mundo. Antonio estaba moi contento e satisfeito por tanta clientela que tiña, gracias a iso o hotel colleu moita sona en toda Galicia. O soño de Antonio estaba cumplido!
FIN