Translate

domingo, 7 de diciembre de 2014

REENCONTRO

 
imagen de Google.



Dous nenos estaban xogando nun parque, os seus pais observábannos sentados nun banco cercano. Os cativos estaban nun tobogán pasándoo moi ben.
De súpeto, levantouse un vento tolo e púxose a chover, os rapaces e os pais comenzaron a correr para resgardarse en algún sitio, pero non había ningún, cando ían correndo apareceu un home e
pararon. O home semellaba unha persoa extraña e eles tiñan algo de medo, así que intentaron escapar del, o indivíduo foi detrás deles.
Os catro corrían canto podían, pero el logrou alcanzalos e díxolles:
- Non vos quero facer mal, só quero axudarvos a encontrar un lugar para resgardarvos.
Os catro deixaron de ter medo e quedaron tranquilos, a nai dos rapaces preguntoulle:
-Quén é vostede?
O home contestou:
-Chámome Alberte e son un vello amigo do seu home, xa facía moitos anos que non nos viamos e parece que non me recoñeceu.
O marido contestou:
- Alberte, non te recoñecera para nada! Cantos anos facía que non nos viamos?
Alberte contesta:
-Xa fai polo menos trinta anos, non cambiaches case nada!
O marido contestou:
- Pois xa choveu! Ti tampouco estás tan cambiado!
Alberte dixo:
- Vexo que che trata ben a vida!
O marido contestou:
- Bueno, non me podo queixar, esta é a miña muller Adela e estes son os meus fillos Andrés e Marcos.
Alberte contestou:
- Encantado de coñecervos.
Contesta Adela:
- Igualmente.
Contestan os nenos ao mesmo tempo:
- Igualmente.
O marido dixo:
- Porqué non imos todos a tomar algo polos vellos tempos?
Alberte contestou:
- Paréceme unha boísima idea, Ramón.
Seguiron camiñando pola rúa, o vento xa parara de zoar e xa non chovía. Todos xuntos foron a un bar que frecuentaban e alí quedaron falando dos vellos tempos.

FIN






domingo, 21 de septiembre de 2014

O PROFESOR DE FÍSICA

Cando eu estaba no instituto, alá polos anos noventa, había un profesor que me daba clase en segundo de BUP, era o profesor de física.
Era unha persoa de mediana idade seguramente, tiña un aspecto moi serio que impoñía un pouco, polo menos a min. Chamaba aos alumnos de vostede e decía frases moi enxeñosas que eran inventadas por el utilizando nelas palabras relacionadas coa asignatura. A única frase que recordo era: "Le voy a poner un cero kelvin", daba as clases en castelán.
Como profesor era un pouco duro, pero non era malo, inda que cando eu chegaba un pouco tarde, entraba na clase con medo a que me botara fóra, xa que el o facía cando algún alumno chegaba moi tarde, se só chegaba un pouco tarde, decíalle que saíra e volvera a entrar, iso díxomo bastantes veces, por sorte nunca me botou da clase. As veces que cheguei tarde á súa clase non foi a propósito, e que simplemente non dera chegado antes.
Moitos anos despois o profesor, que xa estaba xubilado, entrou no Facebook e atopoume, e dende ese momento estamos en contacto.
Eu só o coñecía como profesor, pero agora o coñezo tamén como persoa, a verdade é que é un bo home.

FIN 

domingo, 3 de agosto de 2014

O PAÍS DOS COELLOS

                


A nai acababa de espertar pola mañá, mirou o reloxo e veu que era a hora de levantarse, era venres e esperáballes a ela e á súa filla un longo fin de semana de verán, ían a acampar a unha fraga cerca do monte.
A nai foi a espertar á filla que aínda estaba medio durmida, a filla levantouse, e para estar esperta de todo, puxo un pouco de música.
Tras o almorzo foron ao coche e saíron da casa con todas as cousas para acampar, tras uns poucos quilómetros a filla aburríase un pouco, así que puxeron música na radio.
Pronto chegaron á fraga e encontraron un sitio para acampar que estaba preto dun río que levaba moita auga. Unha vez instaladas, decidiron ir a dar un paseo por alí. Cando levaban un tempo andando atoparon un simpático coello que as levou a un lugar onde había moitos coellos, era un país máxico. A nai e a filla estaban abraiadas ao ver ese lugar tan bonito e ver tantísimos coellos de todos os colores.
O coello levounas ata onde estaban os demais coellos, e alí todos os coellos mostraron moita alegría de velas. Nai e filla estaban encantadas por ser tan ben recibidas, pasaron bastante tempo convivindo alí con eles. Como estaban tan contentos de estar con elas, a nai foi nomeada raíña do país dos coellos e a filla foi nomeada princesa.
Dende ese mesmo momento, nai e filla foron dúas habitantes máis daquel país, e alí se quedaron para sempre.



FIN 



martes, 15 de julio de 2014

A GALIÑA QUE SE EMBORRACHOU

     


Esta historia sucedeu fai moitos anos, eu aínda era moi pequena e non a recordo. 
Era verán, na época de traballar na herba seca, estaban traballando na eira, nun descanso estiveron bebendo viño nunhas tazas. 
Daquela as galiñas andaban libremente pola eira, cando miña nai pousou a taza no chan volveu a traballar, e sen que ninguén se dera conta unha galiña acercouse á taza, semella que tiña moita sede e púxose a beber o viño que quedaba. 
Despois diso miña nai mirou a taza e veu que estaba baleira, e logo veu que a galiña andaba tambaleándose, sempre caía e intentaba levantarse, pero non daba do borracha que estaba.    

FIN           

domingo, 8 de junio de 2014

O HOME MISTERIOSO

                  

Diana sae da peluquería e atópase cun home na terraza dun bar que está ao lado, ela continúa camiñando, un pouco despois o home empeza a seguila. Dase conta de que o home camiña detrás dela porque o escoita andar, mira para atrás e non o ve, o home escondeuse para que non a vira. Ela segue andando e nota que ese mesmo home continúa seguíndoa, está agobiada e empeza a correr, cansada para un pouco. Non é a primeira vez que nota que a seguen, pásalle dende fai uns días.
Diana mira a todos lados e non ve a ninguén, así que segue camiñando tranquilamente, de repente aparece o home diante dela e Diana berra, o home tápalle a boca para que non volva a berrar.
O home dille:
-Tranquila, non berres que non che vou facer mal.
Diana pregúntalle:
-Quén és ti e por qué me segues?
O home contesta:
-Son Mateo,  un antigo compañeiro do teu colexio.
Diana dille:
-Pois non te recordo, pero por qué me segues?
Mateo contesta:
-Eu estaba na túa clase xusto detrás de ti, seguíate porque quería saber que tal che vai.
Diana dille:
-Ah si, creo que xa me lembro, pois déchesme un susto! Alégrome de volver a verte.
Contesta Mateo:
-Sinto que te asustaras, non era a miña intención. Vinte por aquí fai uns días e como non tiña como comunicarme contigo decidín seguirte.
Diana pregúntalle:
- E por qué ese interese por contactar conmigo?
Contesta Mateo:
-Porque sempre me caíches moi ben.
Diana e Mateo intercambian os números de teléfono, pasan uns días e quedan para recordar vellos tempos, quedan moitas veces máis e nace unha bonita amizade.

FIN 

domingo, 20 de abril de 2014

LEMBRANZAS DE XUVENTUDE

                                   
Un home de mediana idade está de cumpleanos, non lle gusta recordalo, a pesar de que goza de boa saúde, ten un traballo que lle gusta e ten familia e amigos que o queren.
Bota de menos os anos de xuventude, eses anos nos que disfrutaba da vida, agora está demasiado ocupado
 co traballo.Vive só nunha pequena casa no centro da cidade a uns metros do lugar de traballo.
Non lle apetece celebrar o seu cumpleanos porque está triste, así que pon un pouco de música e soa "Forever young", unha canción dos anos oitenta, a época na que el era un mozo. Esta canción faille recordar eses anos de xuventude en que saía cos amigos á discoteca. Pensa el: - Qué tempos aqueles!
Daquela era un bo mozo, guapo, delgado e cunha boa mata de pelo; pero agora vese gordo e calvo.
O día está sendo longo para el, pero coas felicitacións por teléfono dos amigos e da familia síntese algo mellor.
Faise de noite e despois de cear decide ir a durmir para que pase o máis rápido posible, despois de estar
pensando un cacho de tempo, consigue quedarse durmido.
Chega a mañá e está máis contento porque o animaron as felicitacións e pensa que así da gusto cumplir anos, tamén se dou conta de que cumplir anos non é tan malo porque iso quere dicir que sigue vivo, e que peor sería que deixara de cumplilos.
Fai un bo día de sol e sae a traballar, xa non lle importa estar gordo e calvo porque teno todo para ser feliz,
traballo, amigos e familia. Qué máis se pode pedir?

                                         FIN 

domingo, 23 de marzo de 2014

COUSAS DE CHELO

Era o meu primeiro ano na escola de teatro, ese ano iamos a representar ao final de curso a obra de Chejov, "A ruleta rusa", a cal estaba composta por varios contos.
Un deses contos era "Unha petición de man", e estabamos Chelo do rejo, eu e duas personas máis. Eu facía de criada e Chelo de señora da casa, nunha das escenas estabamos os catro e Chelo máis eu tiñamos que saír da escena, ela tiña que tocarme no hombro e decir enfadada: - Imos, Irina!
Pois ela en vez de tocarme no hombro o que facía era tirarme do brazo como lanzándome, e coa inercia eu saía disparada, mentras que ela ía andando. Iso fíxoo en varios ensaios que fixeramos sen o profesor. Despois deses ensaios chegou o día de ensaiar co profesor, e Chelo volveu a facer o mesmo, logo o profesor díxolle como tiña que facer e dende aquela fíxoo ben. Foi unha anécdota moi cómica, en fin, cousas de Chelo.



FIN

domingo, 9 de marzo de 2014

AUSENCIA INESPERADA

Era un chuvioso día de inverno en Chicago; O tempo transcurría moi amodo mentres Kate agardaba polo seu home Robert, o cal aínda non chegara á casa despois de traballar. Eran as nove da noite, e ela estaba moi preocupada porque nunca chegara tan tarde do traballo. Chamou ao traballo e dixéranlle que saíra á súa hora, iso deixouna moi preocupada. Despois chamou á policía e dixéronlle que se encargarían de buscalo.
Chegou a mañá e Kate estaba sen durmir, ela estaba agardando a que volvera Robert ou que alguén lle dixera algo. Nese mesmo momento soa o teléfono:
Contesta Kate:
- Hola, quen é?
- Bos días, son axente da policía.
Kate responde:
- Sabe algo do meu home?
O policía responde:
- Si, sabemos que despois do traballo foi a dar un paseo no coche para relaxarse un pouco, pero non sabemos máis.
Kate fala:
- Como souberon iso?
O policía responde:
- Parece que alguén o veu cando estaba parado nun semáforo.
Kate fala:
- Está ben, cando saiban algo máis chamen, por favor.
O policía responde:
- Non se preocupe, señora, en canto saibamos algo máis, chamarémola. Adeus, señora.
Kate despídese:
- Adeus, axente, agardo que o atopen pronto.
Fala o policía:
- Intentaremos atopalo o máis pronto posible.
Uns días despois, volve a chamar o mesmo axente da policía e dille que xa atoparon a Robert. Kate vai á comisaría e encóntrao alí, con barba duns días, aínda que con bo aspecto.
Kate fala con Robert:
- Qué che pasou, Robert?
Robert responde:
- Ía a dar un paseo no coche para relaxarme do traballo, cheguei ás aforas da cidade e alí perdinme e non sabía volver. Así que hospedeime nun hotel barato, inda que non era moi bo que digamos.
Kate dille:
- Ai, Robert, tíñasme moi preocupada!
Robert contesta:
- Sinto que non te chamara, e que quedei sen batería e non levaba o cargador.
Kate contesta:
- O importante e que xa estás aquí e que estás ben, imos logo para a casa.
Robert contesta:
- Imos, Kate.
Kate fala coa policía:
- Moitas gracias por todo, axentes.
Fala un dos policías:
- De nada, señora, para iso estamos.
Kate e Robert volveron á casa cheos de ledicia.

FIN              

miércoles, 19 de febrero de 2014

O MEU NACEMENTO

    

Era sábado de entroido en pleno mes de febreiro, era de noite, a miña nai estaba na aldea facendo nas orellas, postre típico desa festa en Galicia. De súpeto, empezou a ter contraccións, e ela mais o meu pai saíron rápidamente para o hospital no coche. Ían a Santiago de Compostela ao hospital. Según me contaron eles, na vila non había onde dar a luz, así que tiña que ser en Santiago, case dous anos antes nacera o meu irmán nese hospital.
O caso é que cando pasaban por Cacheiras, unha vila preto de Santiago, miña nai púxose de parto e case nazo no coche, entón ela nerviosa berraba:
- Apura, Manuel, que xa vai nacer!
Meu pai corría canto podía e non paraba de pitar aos coches para que se afastaran do medio. Chegaron ao hospital e unha hora despois nacín.
Así foi o meu nacemento, un dezanove de febreiro de mil novecentos setenta e sete ás once e media da noite e en época de entroido.



FIN  



domingo, 12 de enero de 2014

HISTORIA DUN ENCONTRO

                                         

Esta historia empeza nunha estación de autobus nalgunha vila de Galicia, hai unha moza pensativa agardando, vai á Coruña a ver a un amigo que coñeceu en Facebook.
Despois dalgún tempo comunicándose con el, por fin poderá coñecelo, ela está pensando en como será o encontro. Por fin chega o autobus, sube a el e marcha rumbo á Coruña.
Un tempo despois, chega á cidade e baixa do autobus toda contenta, apenas coñece A Coruña, así que quedou co seu amigo na estación de autobus. Avanza un pouco entre a xente e alí está el mais
a súa muller, á cal tamén coñece polo Facebook, saúdanse os tres con apertas.
Despois diso vanse a un bar onde vai cantar o amigo, xa que el é cantante, os tres se meten no coche.
O amigo está actuando, a moza escoita emocionada as cancións, pásao moi ben véndoo e está moi feliz porque por fin conseguiu velo actuar ademais de coñecelo. En canto á muller, non para de chorar da emoción con cada canción que canta el.
Unha vez finalizado o concerto, a moza ten que regresar á casa, cousa que lle da pena porque o pasou xenial, así que o amigo e a muller deciden levala á estación e alí se despiden.
A moza tras meterse no autobus marcha feliz e cun gran sorriso na cara.

FIN    

martes, 7 de enero de 2014

Primeiro aniversario de "Relatos de Ánxela"

                

Esta vez non escribo ningún relato, hoxe adico un post a este blog porque é o día no que cumple un ano. 
O sete de Xaneiro do dous mil trece eu empezaba este blog coa intención de escribir relatos simplemente porque me apetecía escribir, despois dun ano podo dicir que me gusta isto de escribir relatos, gustaríame escribir máis veces das que escribo, pero a inspiración tarda moito en chegar. Que o blog sea en galego fai difícil que entre moita xente, continúa entrando pouca a pesar de que puxen o tradutor de Google. 
Para este ano que está comenzando gustaríame que houbera máis visitas e que a xente participara comentando e compartindo os relatos que escribo, espero que se cumpla. 
Isto é todo, saúdos e feliz ano para todos e todas.