Eu ía camiño da casa, despois de saír da peluquería, cando estaba cerca vin a un neno e unha nena sentados no capó dun cóche que estaba aparcado diante dun restaurante. Eu preguntábame que farían ahí eses nenos, eran moi pequenos, o neno tería uns catro anos e a nena uns tres, aproximadamente.
Eu seguía camiñando e vin saír a unha muller que era a nai dos nenos, veunos alí e preguntoulles:
- Qué facedes sentados no capó?
O neno contestou:
- O avó dixo que podiamos sentarnos no cóche.
A nai respondeulle molesta:
- Si, pero dentro do cóche, non enriba do capó!
Ela entrou no restaurante e un pouco despois saiu o avó, vese que ela lle dixo que estaban os nenos enriba do capó, o avó mandounos baixar e meteunos dentro do cóche, e logo volveu a entrar no restaurante.
Cando isto último sucedía eu estaba pasando por onde estaban eles e unha vez que el se meteu dentro do restaurante xa me estaba alonxando. Unha vez alexada non puden evitar esbozar un sorriso porque me fixera certa gracia esta historia.
Hola amiga.
ResponderEliminarUnha suxerencia para este blog e agrandar un cachiño a letra para que sexa mais doado de leer cun portatil pequeno, no móvil ou unha tablet.
Unha aperta.
gracias, tes razón.
ResponderEliminar