Translate

domingo, 3 de marzo de 2013

COUSAS DE NENOS

Eu ía camiño da casa, despois de saír da peluquería, cando estaba cerca vin a un neno e unha nena sentados no capó dun cóche que estaba aparcado diante dun restaurante. Eu preguntábame que farían ahí eses nenos, eran moi pequenos, o neno tería uns catro anos e a nena uns tres, aproximadamente.
Eu seguía camiñando e vin saír a unha muller que era a nai dos nenos, veunos alí e preguntoulles:
- Qué facedes sentados no capó?
O neno contestou:
- O avó dixo que podiamos sentarnos no cóche.
A nai respondeulle molesta:
- Si, pero dentro do cóche, non enriba do capó!
Ela entrou no restaurante e un pouco despois saiu o avó, vese que ela lle dixo que estaban os nenos enriba do capó, o avó mandounos baixar e meteunos dentro do cóche, e logo volveu a entrar no restaurante.
Cando isto último sucedía eu estaba pasando por onde estaban eles e unha vez que el se meteu dentro do restaurante xa me estaba alonxando. Unha vez alexada non puden evitar esbozar un sorriso porque me fixera  certa gracia esta historia.