Fai pouco tempo, a dona estaba intrigada coa gata porque levaba uns días que maullaba moito e non estaba en celo.
Un día a dona viu que a gata estaba no tellado do patio de luces maullando a outro gato que estaba noutro tellado que era un pouco máis alto. Era o gato do piso de enriba, o cal era precioso, tiña un longo pelo branco e os ollos eran do color da auga.
A gata quería subir ao tellado para estar co gato e el quería baixar onda ela para xogar, xa que aínda era pequeno. Os dous alí semellaban Romeo e Xulieta na escena do balcón, só que ela estaba abaixo e el arriba.
A dona chamaba pola gata para que entrara adentro e evitar que subira ao tellado onde estaba o gato, pero ela non lle facía caso. A dona seguiu insistindo e ao final conseguiu que entrara, logo o gato quedou alí un pouco e despois marchou.
Os días pasaban e a gata seguía maullando, a dona agora non lle deixaba sair ao tellado se estaba o gato, só saía cando non estaba. Aínda que algunha vez deixábaa sen darse conta de que o felino estaba ahí.
Un tempo despois os donos do gato mudáronse, levárono con eles e non se volveron a ver máis.