Translate

viernes, 12 de agosto de 2016

NOITE DE ESTRELAS


As estrelas brilaban con forza no ceo, unha parella de noivos estaba deitada na herba observándoas con admiración, de súpeto, pasou unha estrela fugaz, pediron un desexo e despóis seguiron mirando as estrelas. Estiveron alí unha hora e viron máis estrelas fugaces, logo fóronse ao coche collidos da man e arrancaron para á casa a pasar o resto da noite. 


FIN

viernes, 17 de junio de 2016

BUSCANDO UNHA CAFETERÍA A MEDIANOITE



Unha señora  a media noite buscaba unha cafetería sendo principio de semana, non era venres nin sábado, se non que era xa martes. Esta historia transcurre nun pobo de Galicia, a señora estaba parada na beirarrúa e veu que había ao outro lado unha xoven que se dispoñía a cruzar a rúa, a muller preguntoulle se aquelas cafeterías de alí abaixo estaban abertas, ela non o sabía e cando miraron para alí, viron que estaban cerradas, a muller dixo que a cafetería de alá arriba nunca fallaba, así que para alá se foi. A xoven preguntábase por qué esa muller buscaba unha cafetería a esas horas, logo seguiu o seu camiño.


                                FIN

sábado, 20 de febrero de 2016

UN GOLPE DE SORTE

           




Unha señora maior e o seu home saen da casa e suben ao coche, á señora gustaríalle pasar a tarde sentada no banco da praza da vila, pero non pode. É domingo pola tarde e teñen cousas que facer. -Ai, Pedro, se non tiveramos outra cousa que facer pasaría a tarde sentada nun destes bancos. - E eu tamén, Rosa, pero non queda máis remedio que irnos. Os dous entran no coche e marchan, van á  aldea a traballar aproveitando que fai un día de sol, inda que fai un pouco de frío. Chegan á aldea, atenden aos animais e póñense a traballar na horta. Mentras Rosa está sachando nota algo duro entre a terra, empeza a escarvar coas mans e atopa un pequeno cofre.  Rosa asombrada dille a Pedro: - Pedro, mira, atopei un cofre! Pedro contéstalle: - Un cofre! De quén será e que fai aquí? Contesta Rosa: - Pois non cho sei, miramos o que hai dentro?Logo contesta Pedro: - Miramos, entón. Rosa abre o cofre e mira con sorpresa que hai unha chea de cartos e xoias. Di ela: - De quen será todo isto? Pedro contesta: - Non sei, quizais sea de algún antepasado que vivía por aquí e era rico. Rosa ponse a sacar todo do cofre e no fondo atopa unha carta. - Unha carta!- di Rosa. Rosa pon as súas gafas e ponse a ler a  carta, Pedro escoita con atención. - "Hola, chámome Alfonso Lorenzo, son un rico  terratenente, como me queda pouco tempo de vida debido a unha enfermidade incurable e ademáis estou só, aquí deixo enterrado este cofre cheo de xoias e cartos meus, a persoa que atope este cofre será a dona do que hai dentro, xa que non teño ninguén a quen darllo. Atentamente, Alfonso. " - Ai, Pedro, somos ricos! - Si, Rosa, non o podo crer! Os dous danse unha aperta con moita alegría e moi sorprendidos. Ambos collen o cofre cos cartos e as xoias e lévanno á casa para gardalo ben gardado mentres non leven os cartos ao banco. Os dous volven á horta para seguir traballando dez minutos máis, pero agora están moi contentos. Acaban de traballar e empeza a anoitecer, recollen todo e volven no coche á vila co cofre para ao día seguinte meter os cartos no banco. 


FIN 


sábado, 2 de enero de 2016

O RECEPCIONISTA

Un xoven agradable, simpático, paréceme tenro, non ten moi boa memoria, é recepcionista do ximnasio. Non o coñezo como persoa, quizáis se nos coñecéramos poderíamos chegar a ser amigos, en iso da memoria complementámosnos, xa que el ten mala memoria e eu téñoa boa.
É un pouco lento atendendo á xente porque ten que preguntar varias veces. A primeira vez que me atendeu, normalmente aténdeme unha muller,  porque eu tiña que pagar o mes, tiven que decirlle o meu primeiro apelido varias veces, tardou un pouco en atopar a miña ficha no ordenador, paguei, escribiu no recibo e metino na mochila, todo iso foi despois da clase no ximnasio, marchei e ao chegar á casa, saquei o recibo da mochila e vin que o meu primeiro apelido estaba mal escrito, tomeino con humor, xa que me fixo gracia, en vez de poñer Sanmartín puxera Sanmartiño.
A segunda vez que me atendeu xa foi máis rápido, non tivo problema na memorización do meu nome e apelidos, esta vez escribiu o nome no recibo correctamente, xa que o estaba mirando na pantalla do ordenador, paguei, doume o recibo e marchei. Ese día ía soamente a pagar, xa que non era un día que me tocara ir a clase.



FIN