Nuria preguntábase quen era esa persoa que lle mandou esa mensaxe e non sabía como averigüalo, tamén ignoraba como sabía o seu nome, seguramente fora alguén que a coñecía de vista e que se quedou prendado dela.
Uns minutos despois sonou o teléfono, ela contestou e non recoñeceu a súa voz, era o seu admirador secreto:
- Hola, son o teu admirador secreto, chámome Carlos.
- Hola, Carlos, como é que tés o meu número de teléfono?
- Deumo unha amiga túa que me coñece.
- Qué amiga cho dou?
- Sandra.
- Ah, ben. Gracias pola adicatoria na radio.
- De nada. Gustaríame quedar hoxe contigo, paréceche?
- Está ben, pareces unha persoa agradable.
- Vale, vémonos ás sete no parque.
- Ben, como te recoñecerei?
- Levarei o libro de Romeo e Xulieta.
- Dacordo, alí nos vemos, adeus.
- Adeus, Nuria.
Pasa media hora, son as seis e media da tarde, acábase de arreglar e sae da casa, o parque está cerca, empeza a camiñar pola rúa, está anoitecendo e fai algo de fresco. Chega ao parque e empeza a mirar ao seu arredor buscando a Carlos, mira ao banco máis cercano e alí hai un home, acércase sixilosamente e mira a ver se ten un libro, ve que sí o ten e agora ten que ver que libro é, acércase algo máis, o home está enfrascado na lectura e non se decata de que Nuria está ahí, ela intenta ver a tapa do libro e descubre que é "Romeo e Xulieta". Ponse moi contenta, por fin encontrou a Carlos.
- Perdoa, eres Carlos?
- Sí, son eu, alégrame verte, Nuria.
- Gracias.
Falaron durante unha hora e Nuria cada vez estaba máis a gusto con Carlos, decidiron ir ao cine e despois el acompañouna á súa casa. Unha vez na porta da casa despedíronse con un bico na meixela, estaba nacendo o amor.
Un tempo despois empezaron a saír e despois casáronse, tuveron unha filla e foron felices para sempre.