Na época en que Mirian Díaz Aroca salía na televisión, cando decían o seu nome o meu avó dicía Mazaroca, e eu ríame e logo decíalle en voz alta e vocalizando:
- Non é Mazaroca, é Dí- az A-ro-ca!
Eu decíallo sorrindo porque me facía gracia. Pois ben, resulta que cando enfermou todos descubrimos que oía perfectamente, facíase o xordo para facernos rir, que enganados nos tiña!
Así era o meu avó, el era canteiro, traballaba na pedra, pero quen sabe se tería éxito como humorista, gracia non lle faltaba.
FIN